Defende Meirás: "Está en mans da Xunta pechar a porta ao intento de rapina dos Franco"

"É inadmisible a indiferenza da administración na protección de Meirás", sinala nun comunicado a plataforma.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 21/05/2021 | Actualizada ás 13:43

Comparte esta noticia

A Iniciativa Defende Meirás reiterou que está "en mans" da Consellería de Cultura "pechar definitivamente a porta ao intento de rapina dos Franco cos bens mobles do pazo" coa ampliación da declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) aos mesmos. Tamén pide ao conselleiro, Román Rodríguez, "que deixe de utilizar o asunto para facer oposición ao Goberno". "É inadmisible a indiferenza da Xunta na protección de Meirás", sinala nun comunicado.

Nel, pídelle tamén que "actúe" e que "colla o catálogo de bens mobles do pazo, o publique no Diario Oficial de Galicia (DOG) e garanta a protección de todos eses bens contra a rapina dos Franco". "Así de simple e rápido", sentenza. "De que parte está Román Rodríguez", pregúntase o portavoz de Defende Meirás, Carlos Babío, para quen "quedar quieto é avalar a impunidade".

Por outra banda, esta entidade informa que sumou xa máis de mil sinaturas nunha petición de apoio nas redes, así como adhesións das memorias de Galicia "para impedir que os Franco leven a cabo un novo espolio en Meirás".

Técnicos da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia realizan o inventario do Pazo de Meirás,  baixo supervisión da comitiva xudicial, en Sada / M. Dylan - Europa Press.  / Europa Press
Técnicos da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia realizan o inventario do Pazo de Meirás, baixo supervisión da comitiva xudicial, en Sada / M. Dylan - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta