A Deputación de Ourense aproba conceder máis de 370.000 euros en axudas á cooperación e a actividades culturais

Por E.P. | OURENSE | 24/05/2021 | Actualizada ás 19:40

Comparte esta noticia

A xunta de goberno da Deputación de Ourense acordou este luns conceder máis de 370.000 euros en axudas para iniciativas de cooperación con entidades e concellos e para actividades culturais. Segundo informa a institución a través dun comunicado, este último paquete de apoios contará con 90.000 euros que estarán dirixidos ao fomento de iniciativas escénicas e musicais.

Os beneficiarios poden ser bandas de música ou gaitas, agrupacións corais, tunas, orquestras, grupos de música tradicional, folk, pop, rock, jazz e clásica, así como grupos de teatro, de danza tradicional e galega, de ballet clásico e contemporáneo, solistas, intérpretes, espectáculos de maxia e de humor, entre outros.

Nas bases da convocatoria, explica a Deputación, hai unha "mención explícita" ao cumprimento da normativa covid para percibir a axuda. Ademais, cada actuación debe custar entre 600 e 900 euros --en casos de bandas de música, gaitas e charangas, engádese unha contía en función do número de membros-- e a subvención alcanzará o 50 por cento do montante total.

OUTRAS AXUDAS

No ámbito da cooperación con entidades, o goberno da Deputación de Ourense aprobou outros 280.000. O montante de maior envergadura correspóndese con catro subvenciones por 75.000 euros en total para que o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro acometa actuacións de dixitalización, de certificación de produto, de actualización do rexistro vitícola e para o plan de formación de persoal.

Ademais, concédese 70.000 euros ao Concello de Pontedeva para que adquira unha nave, 50.000 ao de Carballeda de Avia para comprar un vehículo para servizos municipais e 48.000 euros ao de Oímbra para que constrúa beirarrúas na estrada de San Cibrao.

A estas contías hai que sumar 25.000 euros para a actividade do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra para este ano e outros 15.000 para proxectos de gasto e funcionamento da Asociación Cultural Rutas do Viño de Ribeiro.

Xunta de goberno da Deputación de Ourense, presidida por Manuel Baltar.. DEPUTACIÓN DE OURENSE
Xunta de goberno da Deputación de Ourense, presidida por Manuel Baltar.. DEPUTACIÓN DE OURENSE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta