Seguen os falecidos con covid a pesar das vacinacións masivas

Outros dous falecementos elevan a 2.415 as vítimas mortais da pandemia en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2021 | Actualizada ás 20:38

Comparte esta noticia

As autoridades sanitarias galegas notificaron este mércores o falecemento doutras dúas persoas diagnosticadas con covid-19, o que eleva o cómputo total de vítimas mortais da pandemia na Comunidade a 2.415.

En concreto, Sanidade informa de que unha muller de 84 anos faleceu no seu domicilio de Vilalba o pasado 12 de maio.

Tamén notifica que na pasada xornada morreu no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) un home de 89 anos. Os dous presentaban patoloxías previas.

Respiradores ou equipos de Respiración instalados nas UCIS para facer fronte ao coronavirus
Respiradores ou equipos de Respiración instalados nas UCIS para facer fronte ao coronavirus | Fonte: EFE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta