De xeonllos e pedindo perdón

Sempre escoitei que, cando a xustiza ocupa a parte que lle corresponde á política, é un indicativo de que os políticos que nos gobernan son moi torpes ou actúan dende posturas estrictamente cerriles e ideolóxicas. A xustiza nas sociedades democráticas está nun plano moi diferente o dá política.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 02/06/2021

Comparte esta noticia
E, aínda que poida parecer o contrario, a xustiza nunca arranxou os problemas que teñen un trasfondo político.  As  decisións e as leis  nacen na política, e a xustiza  é a que ten que aplicar esas leis  e, no seu caso,  aclarar cuestións referidas  á interpretación das mesmas. O demais non lle corresponde. Nestes días, debido ó caso dos  indultos ós políticos cataláns, moitos percibimos que, o problema que se iniciou co recorte do estatuto catalán aprobado en referendum  no ano 2006 e a recollida de sinaturas contra el  que o PP levou ó Constitucional,  non fixo máis que quentar  o  forno  dos desencontros axudado pola loita contra o idoma catalán enzurrado  pola dereita estatal. 
 
Estes erros fixeron medrar ó independentismo que era moi minoritario en Cataluña, pra situarse como unha forza capaz de igualar en  votos ós partidos estatais e que  deixou á dereita nunha exigua minoría  nesa comunidade. Fronte a esa situación os partidos desa  dereita,  debido á pouca sensibilidade política,  foron incapaces de buscar puntos de encontro e de facer propostas  que correxiran  ós erros cometidos e  que fosen atractivas pra  unha importante parte sociedade catalá. E chegamos ás leis de desconexión e ó simulacro de declaración de independencia. Simulacro que non pasou de ser un fogo de artificio. Logo chegou a xustiza e actuou con un rigor extremo. E os principais dirixentes na cadea dende hai varios anos condeados a penas que  no resto de  Europa son  inasumibles. Máis o tempo pasa e a pregunta é a seguinte: con todo o que choveu, decaeu en apoio o independentismo? Polo que vemos non. Pois ben, agora que un goberno quere tender pontes e falar de dialogo pra presentar propostas que desarmen ó secesionismo,  a dereita furibunda e tamén dirixentes do PSOE, saltan  opóndose  a unha medida parcial de gracia que abra portas e tenda pontes para ter un dialogo que non fale de independencia. Non se trata de quitar da cadea a uns poucos dirixentes, se non de congratularse con millóns de cataláns que ven a España como unha sociedade que non os entende.
 
Craso erro cando se pretende que os  indultados pidan perdón de xeonllos.  Craso erro, renunciar a abrir canles pra entender unha España plural e moi diversa. Política e de altura  é o que se precisa. Propostas  de achegamento e comprensión entre uns e outros. Buscar o que nos pode levar a rebaixar tensións.  A caso cando o xeneral golpista Armada ou Tejero non foron indultados  sen  pediren  perdón?  A dereita española  ten tiks que a levan a asemellarse á Inqusición de triste recordo. Pois, diante o tribunal do Santo oficio  había que confesar e pedir perdón pra logo ser queimado na fogueira. 
 
A campaña iniciada polos populares e os demais que os secundan  anuncia un tempo no que se renuncia á facer política de Estado, e prefírese  que un tribunal prorrogado goberne no canto de quen ten que gobernar.  En fin, as dúas españas, ou o centralismo uniformador quere mandar á fogueira e  que cantemos todos unha rancia cantiga que a día de hoxe desafina. Os tempos mudan e hoxe é tempo de buscar acordos. Mais hai que soamente  busca chegar o pode a costa do que sexa. De pena.

Concentración convocada pola plataforma 'Galiza con Catalunya' en Santiago de Compostela tras a sentenza do procés
Concentración convocada pola plataforma 'Galiza con Catalunya' en Santiago de Compostela tras a sentenza do procés
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com