Por Galicia Confidencial | Compostela | 02/06/2021 | Actualizada ás 21:27
Fake-news, manipulación na era da posverdade, dramaturxia contemoránea, memoria, coproducións, amor e diversidade. Eses son algúns dos fíos condutores da nova edición dun festival que é xa referencia da escena galega e do panorama escénico máis innovador. "Selvática, refrescante e provocadora": esa é a imaxe da 37ª edición da MIT de Ribadavia, que presentará a súa programación a finais deste mes de xuño.
Como unha edición "especial" despois dun 2020 de "resistencia e compromiso", a organización do festival adianta que contará coa presenza de mestres da escena mundial e novas figuras emerxentes do panorama escénico máis innovador. Na presentación da edición, ademais, explicarán polo miúdo os fíos condutores "entre dramaturxias a partir de Shakespeare, pezas de danza contemporánea, novo circo e espectáculos para público familiar".
O deseño da imaxe deste ano volve estar asinado por Ainhoa Viñuela e Blanca Selas (A&B
Comunicación e Deseño), responsables tamén do documental “Non vale parar”, estreado no mes de marzo e que retrata o recordo e as peculiaridades dunha edición pandémica "a ceo aberto".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.