A descuberta de tres pequenas prantas poderían manter os eólicos lonxe do Monte Pindo

A plataforma en defensa do cumio defende que, con este achádego, a protección como parque natural faise máis necesaria que nunca.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/06/2021 | Actualizada ás 22:20

Comparte esta noticia

O movemento ecoloxista e veciñal de Galicia vive nestes meses marcados polo negocio eólico unha carreira de fondo que se desenvolve en dúas pistas paralelas. Está, por unha banda, a oposición directa aos proxectos, moitos dos cales se ven axexados por acusacións de fragmentación ilegal pero que, polo momento, seguen a ser tramitados polas consellerías correspondentes da Xunta de Galicia.

Monte Pindo, en Carnota
Monte Pindo, en Carnota | Fonte: wikipedia

Por outro lado, a loita queda posta na protección daqueles espazos sobre os que tamén pende a chamada ameaza eólica. Neste ‘mellor prever que curar’ destaca a figura dos parques naturais, un status que, por exemplo, levan semanas demandando os veciños do Monte do Gato, na comarca de Betanzos, ou a plataforma Monte Pindo, en Carnota. 

Esta última protección podería estar máis preto logo de que a plataforma nomeada veña de anunciar a descuberta de varias especies botánicas que, segundo destacan, xustificarían “por si mesmas” a protección do espazo. Trátase, en concreto, de tres especies vexetais atípicas dentro de Galicia e que poderían afastar os futuros proxectos empresariais do emprazamento en cuestión.

A primeira das especies nomeadas, rhaponticoides africana, vén de ser descuberta “por

primeira vez” no concello de Carnota; feito ao que se suma importancia porque, segundo destacan dende a plataforma, só hai noticia doutra poboación máis en todo o territorio galego, e que se situaría en Carril, Vilagarcía. Porén, o exemplar de Pindo gardaría “sensíbeis diferencias” coa outra, razón pola cal “xa se están a analizar para comprobar se se trata da mesma subespecie ou dunha nova”.

FENTO PROTEXIDO

Paralelo é o caso da vandesbochia specinosa, unha especie de fento catalogada como vulnerábel e que “xustifica por si mesmo a protección do noso entorno” a través dunha Zona de Especial Conservación segundo o artigo científico no que vén ser publicado o achádego: "Sería recomendábel ampliar o ZEC Carnota-Monte Pindo (ES 1110008, Fig. 1) a fin de proporcionar acubillo legal para a localidade carnotá de V. speciosa (SANT 78434) e para outros elementos de pteridoflora paleotropical en perigo de extinción que están presentes en bebedoiros próximos, coma Dryopteris guanchica Gibby & Jermy e Hymenophyllum tunbrigense (L.) Sm.", recolle, segundo a plataforma.

En terceiro e derradeiro lugar, a aparición dunha “herba de namorar” co nome do concello carnotán --armeria x carnotana”-- pon a guinda sobre un novo cúmulo de achádegos que, a ollos da plataforma Monte Pindo, suma os méritos suficientes para protexer este emprazamento coa figura de parque natural e impedir que os eólicos ou outra clase de proxecto industrial cheguen ás súas terras.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Moine

Existe melhor prova que esta, a de inçar o Monte Pindo de muinhos de vento para fornecer à oligarquia madrilenha de recursos energéticos para comerciar com eles e industrializar Madrid, mentres que Galiza fica como umha pu.. colónia. E Frijol abrindo-lhes o caminho, e os galegos e galegas votando-lhe enquanto os seus filh@s som condenados à emigraçom, há que ser parv..!