Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 13/06/2021 | Actualizada ás 12:00
Para dar conta dunha acción tan natural e consubstancial ó xénero humano coma a de beber, así como tamén –supomos por mor dun proceso de especialización provocado polo feito de que a relación social de se xuntar xente para beber algo nun establecemento público é tradicional e está moi estendida na nosa sociedade– para fornecer a idea de tomar algunha bebida alcólica, en castelán pódese botar man de varias secuencias fraseolóxicas, entre elas a de mojar el gaznate ou a de mojar/remojar la palabra. Botémoslles agora un ollo a algunhas das que tamén temos en galego:
Mojar el gaznate && Mojar # Remojar la palabra
{= 1. Beber. 2. Tomar algunha bebida alcohólica, nomeadamente nun establecemento público.}
Mollar a palleta
Mollar a palabra
Mollar a gorxa
● Tamén:
Mollar o garneato && Mollar a subela
Ex. (1): ¡Qué bien les sentó mojar el gaznate con el agua fresquita de los cántaros tras dos horas de dura labor bajo un sol de justicia!
¡Que ben lles sentou mollar a palleta ‡ mollar a palabra ‡ mollar a gorxa coa auga fresquiña dos cántaros tras dúas horas de duro labor baixo o tosteiro.
Ex. (2): Sin haberlo previsto, llegó como una cuba: parece ser que se encontró con un amigo de EGB con el que no tenía contacto desde hacía años y se fueron a mojar el gaznate, pero se ve que se les fue la mano.
Sen o prever nin farrapo de gaita, chegou coma unha nasa: seica se atopou cun amigo da EXB co que non tiña contacto desde onde vai e foron mollar a palleta ‡ e foron mollar a palabra ‡ e foron mollar a gorxa, pero vese que se lles foi a man.
● Tamén, en función dos contextos, e probablemente máis usadas para a segunda “acepción”:
Echar(se) # Tomar(se) un trago && [E MESMO]: Echar(se) # Tomar(se) un sorbo # un buche
Botar # Tomar # Mandarlle un grolo # un trago # un sorbo # un chopo # un chope # un chingo # un groucho # un gulapo # un papado # un goto # unha fecha && Darlle un(s) bico(s) á cabaza && Botar un(s) neto(s)
NOTAS:
1. Para o último “Tamén”, e en función de cada contexto concreto, tamén pode acaer a utilización das voces nel reflectidas en plural: unos tragos # sorbos # buches para castelán, e uns grolos # tragos # sorbos # chopos # etc. para galego.
Ex.: Ter non ten sal ningún, pero ó último sempre te acabas esperrechando porque cando acaba de contar os chistes tan malos que conta bótase a rir coma un condenado, así que el fai a festa e el bota os foguetes.
2. A voz fecha pronúnciase con “e” pechado.
3. Con respecto á locución mollar o garneato, está recolleita oralmente como mollar o ghañote (lembremos que normativamente a voz *gañote non se acepta, dándose como correcta, no seu lugar, a de garneato).
4. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:
- Recolleita propia da oralidade galega.
- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).
- Barbeito Lorenzo, María Dolores: “Frases feitas do Concello das Neves”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 7, 2005, páxs. 293-301. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Cuveiro Piñol, Juan: Diccionario gallego. Publicado en 1876. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).
- Ferro Ruibal, Xesús: “Cadaquén fala coma quen é. Reflexións verbo da fraseoloxía enxebre”. Discurso de ingreso do profesor Ferro Ruibal na Real Academia Galega o 4 de maio de 1996.
- Filgueira Valverde, X. F. & Tobío Fernandes, L. & Magariños Negreira, A. & Cordal Carús, X.: Vocabulario popular castelán-galego. Publicado por entregas en 1926. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).
- García González, Constantino: Glosario de voces galegas de hoxe (1985). Universidade de Santiago, Verba, anexo 27. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).
- Goce Denis, Amparo: “Parucadas: un ‘dialecto’ vivo nacido en Baiona”. Blog no enderezo de Internet http://parucadas.blogspot.com/
- Hermida Alonso, Anxos: “Fraseoloxía de Matamá (Vigo)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 11, 2009, páxs. 283-304. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Ibáñez Fernández, José: Diccionario galego da rima e galego-castelán. Publicado en 1950. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).
- López Ferro, Xosé María: “Locucións, fórmulas e paremias do concello das Pontes de García Rodríguez”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 17, 2015, páxs. 135-178. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Noriega Varela, Antonio: Como falan os brañegos. Ed. Nós, 1928, A Coruña.
- Martínez [agora, Martíns] Seixo, Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.
- Martíns [antes, Martínez] Seixo, Ramón Anxo: “O labor de fraseógrafo de Manuel Leiras Pulpeiro”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 4, 2003, páxs. 59-77. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Pereda Álvarez, José María: Aportaciones léxicas y folklóricas al estudio de la lengua gallega. Publicado en 1953. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).
- Real Academia Galega: Dicionario da Real Academia Galega (versión en liña).
- Rodríguez González, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego castellano, vols. I (1958), II (1960) e III (1961). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).
- Santamarina, Antón (dir.) & Ernesto González Seoane & María Álvarez de la Granja: Tesouro informatizado da lingua galega (TILG). (Versión 4.1). Santiago de Compostela. Instituto da Lingua Galega.
- Valladares Núñez, Marcial: Diccionario castellano-gallego. Publicado en 1884. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).
- Villar Aira, Sara: “A fraseoloxía de Tabeirós a través da obra Contiños da Terra (1931) de Manuel García barros”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 20, 2018, páxs. 223-280. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.