Ames presume de colectores en forma de corazón para apoiar causas solidarias

A instalación dos novos colectores servirá para recoller tapóns de plástico e axudará á reciclaxe.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/06/2021 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

O Concello de Ames instala colectores metálicos con forma de corazón con fins solidarios. Estes colectores están destinados á recollida de tapóns de plásticos, que se destinarán a causas solidarias e que ademais axudarán a reciclar ese produto. Os colectores xa se poden ver na praza do Concello e no aparcadoiro da Casa da Cultura. 

Colector en forma de corazón en Ames
Colector en forma de corazón en Ames | Fonte: Concello de Ames

Estes dous colectores con forma de corazón servirán como proxecto piloto para comprobar a acollida que teñen entre a veciñanza, e espérase poder amplialos a outros puntos do concello. O alcalde de Ames, Blas García, confía en que a receptividade sexa positiva: "Estamos seguros de que a veciñanza de Ames que leva anos amosando a súa conciencia solidaria encherá en moi pouco tempo eses corazóns verdes".

A recollida selectiva de tapóns de plástico é habitual dende hai varios anos en diversas campañas solidarias, que venden o material recollido co obxectivo de recadar cartos para fins benéficos como a investigación de enfermidades raras. A reciclaxe selectiva permite asegurar unha segunda vida a estes tapóns, que se converten nun material denominado granza, utilizado para a fabricación doutros produtos. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 xivi

Esos xa os había en Asturias hai algúns anos. Os concellos vendendo a moto!