Alfonso Rueda: "O seguro covid para aloxamentos será un estímulo máis para visitar o mellor lugar do mundo"

O seguro, en vigor desde o 1 de xuño, non cubriu aínda ningún caso: "Aínda non se notificaron contaxios".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 23/06/2021 | Actualizada ás 14:18

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia e conselleiro de Presidencia, Turismo e Xustiza, Alfonso Rueda, asegurou este mércores que o seguro covid para aloxamentos hostaleiros ofrecerá aos viaxeiros "un plus de seguridade" e será "un estímulo máis" para visitar "o mellor lugar do mundo".

Unha parella de peregrinos toma unha foto na Catedral de Santiago durante a ponte de San Xosé
Unha parella de peregrinos toma unha foto na Catedral de Santiago durante a ponte de San Xosé | Fonte: Álvaro Ballesteros - Europa Press.

Así o indicou Roda este sábado na presentación no hotel compostelán Costa Vella das etiquetas identificativas dos establecementos hoteleiros adheridos ao seguro covid. Estivo acompañado ademais polo xerente do hotel, Jose Antonio Liñares Bar, e o director do Clúster de Turismo, Cesáreo González Pardal.

"Agora, os visitantes buscan moitos valores neste rexurdir do turismo, entre eles, a tranquilidade e a seguridade", sinalou o conselleiro, que destacou que coa activación desta póliza, eses valores están presentes no "mellor lugar do mundo", que agora ademais é "máis seguro".

Rueda indicou que, aínda que de momento non se activou porque "aínda non se notificou ningún contaxio", "ter a posibilidade aberta" de contar cun seguro deste tipo segue a liña de actuación "con sentidiño" promovida pola Xunta de Galicia desde o inicio da pandemia.

"Somos unha comunidade autónoma acolledora, segura e preparada ante os novos retos de mobilidade pospandemia. Queremos fomentar un turismo de calidade; queremos que a xente veña e goce do Xacobeo", subliñou o responsable de turismo, que apuntou, ademais, que "xa son varias as comunidades que copiaron o modelo da póliza galega".

Pola súa banda, o director do Clúster de Turismo recalcou que Galicia "cumpre cos parámetros marcados de destino seguro marcados inicialmente", que se reforzan co seguro covid. "Esperamos que isto vaia a máis de cara ao verán", comentou Pardal, que destacou a importancia da colaboración público-privada e dos propios establecementos hoteleiros, que representarán un papel "fundamental" para dar a coñecer a póliza entre os viaxeiros.

COBERTURA DO SEGURO

A Xunta de Galicia destinou 1.054.000 euros a un seguro covid que cubrirá, en caso de contaxio por coronavirus, os gastos sanitarios, farmacéuticos e de hospitalización; así como de posibles repatriacións ou prolongacións de estancias por corentenas.

O seguro covid, en vigor desde o 1 de xuño, estará activo durante todo 2021, ata verán do 2022, aínda que con "posibilidade de prórroga de requirilo a situación", tal e como sinalou Rueda.

As pólizas cobren os establecementos hostaleiros regulados, "incluíndo apartamentos turísticos" e será o contaxiado o que deberá notificar a súa situación no teléfono 915 14 99 59 --activo 24 horas-- para activar a cobertura do seguro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta