Por Galicia Confidencial | Vigo | 21/12/2013 | Actualizada ás 11:00
Uns meses despois de ter iniciado un proceso de reflexión interna, a mocidade independentista revolucionara do Proceso MIR acaba de dar por concluída esta etapa para dar comezo a outra nova: a constitución da organización da mocidade comunista galega.
Por iso, este sábado, terá lugar o congreso constituínte e a elección do Comité Central baixo o lema “Das loitas da mocidade ás filas da revolución". Terá lugar no barrio de Teis (Vigo), lugar que "ten un especial significado para o comunismo independentista", segundo apuntan nun comunicado, por ser onde residiu o sindicalista Moncho Reboiras --asasinado nunha folga na última fase do Franquismo-- e berce tamén do líder obreiro Abelardo Collazo.
"Desde a nova organización, nós, a mocidade revolucionaria galega pretendemos continuar a andaina que no 2004 comezamos con ADIANTE e cubrir o espazo político que ficou baleiro tras a súa disolución", recolle esta nota remitida aos medios. "Pretendemos construír unha ferramenta sólida e forte, para que a mocidade coma parte da clase obreira tome o ceo por asalto, camiñando conxuntamente coa nosa organización irmá, a FPG, baixo os parámetros de independencia, socialismo e feminismo", engade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.