Canto levan os familiares de Feijóo e Romay da Xunta?

O Goberno galego contratou con Eulen, empresa na que traballa a irmá de Feijóo, máis de dous millóns de euros en 2013. Tamén a consultora na que traballa a sobriña de Romay Beccaría recibiu máis de 4,5 millóns nos últimos catro anos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/12/2013 | Actualizada ás 21:29

Comparte esta noticia

O Goberno de Alberto Núñez Feijóo mantén as súas adxudicacións millonarias á empresa Eulen, da que é apoderada Micaela Núñez Feijóo, irmá do presidente autonómico. En total, ao longo do 2013 recibiu máis de dous millóns de euros.

Micaela Nuñez Feijóo felicita ao seu irmán tras gañar as eleccións á Xunta
Micaela Nuñez Feijóo felicita ao seu irmán tras gañar as eleccións á Xunta

Segundo reflicte a web da Xunta www.contratosdegalicia.es, e tal e como publica elplural.com, o citado grupo de empresas recibiu este ano contratos desde diferentes consellerías e da Televisión galega.

Así, en xaneiro, a empresa da irmá de Feijóo foi adxudicataria dun contrato de 207.940,00 euros sen IVE da Consellería de Presidencia para o servizo de vixilancia e seguridade en varios edificios xudiciais da Xunta. Tres meses despois, en marzo conseguiu o contrato de servizos de conserxería , mantemento e limpeza das instalacións deportivas municipais do Concello de Fene, por 577.025,48 euros sen IVE.

O mellor mes, maio

En maio pasado, a Televisión de Galicia adxudicoulle a Eulen o contrato para o servizo de seguridade por preto dun millón de euros sen IVE, exactamente, de 930.000 euros. Non foron as únicas adxudicacións dese mes. Tal e como publica ese medio, tamén conseguiu o servizo de limpeza de edificios e locais municipais do Concello de Sade por 709.061 euros e o contrato da Consellería de Traballo e Benestar para a xestión do servizo público denominado Puntos de Encontro Familiar de Pontevedra e Vigo, por  357.000 euros.

Máis contratos en setembro

Ademais, en setembro, Eulen foi beneficiada co mantemento do edificio administrativo da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), por 41.500 euros e recibiu da Consellería de Traballo e Benestar a adxudicación do servizo de control das instalacións do Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil, por 21.340, 80 euros.

Non son as únicas adxudicacións cuestionables do presidente galego, que en xaneiro deste ano deu o contrato para o desenvolvemento do portal das entidades locais de Galicia, un plan cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, á empresa Atos Origin, da que é apoderada a sobriña de José Manuel Romay Beccaría, presidente do Consello de Estado. Unha adxudicación de 455.000 euros.

A empresa da sobrña de Romay

Segundo denunciou Galicia Confidencial, a empresa da sobriña de Romay Beccaría, con sede en Madrid, recibiu case medio millón de euros por actualizar unha web xa existente.

Hai un mes, a mesma axencia da Xunta contraba a Atos para un "servizo complementario de evolución e mantemento de sistema de xestión de persoal da Xunta" por 135.755 euros sen IVE.  Segundo recolle o Rexistro Mercantil, Carmen Martín de Pozuelo Romay é a apoderada desta consultora, que suma 4,6 millóns en contratas do Goberno galego.

Colaboradora de Feijóo en Correos

Feijóo fichou a Martín de Pajuelo para o seu equipo cando dirixía Correos e tamén cando estivo como conselleiro de Política Territorial. A Xunta de Galicia, canto menos, deu cinco contratos a Atos Origin a dedo desde que goberna Alberto Nuñez Feijóo que suman 312.000 euros. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 Vigués

O contrato de xestión do Punto de Encontro Familiar de Vigo non o gañou Eulen. Como toda a información deste artigo sexa tan certa coma ista, vai ven a cousa no Galicia Confidencial.

3 Tome

Pp = corrupción = la voz antigallega = ilegalizacion

2 Ilustrado

A irmá de Feijoo traballa en Eulen como asalariada antes de el fora presidente. Terá que dimitir el antes que ela, non? A mellor solución é que cando alguén ocupa un cargo público, os seus parentes e amigos deixen de traballar, que pasen ao paro, pero se cobrar prestación, claro.

1 Bautista do Unto

Por que os grupos da oposición non levan estas adxudicacións ao Xulgado?

1 Manolito

As empresas non son delas, elas traballan nesas empresas. Desa maneira as empresas que contratan no público terían que despedir a todos aqueles que tuveran parientes na Administracción para poder contratar. A estas empresas xa lle daban contratos no bipartito e no goberno central do PSOE.