Por Galicia Confidencial | A Coruña | 07/01/2014 | Actualizada ás 12:30
"Aquí os dejo un vídeo de como estaba el mar hoy tarde de reyes. Quién iba decir que 1 hora después de grabar yo esto desaparecerían 3 personas en esta zona, la verdad es que asusta el estado del mar y la gente parecía no tener miedo, en un trozo del vídeo podéis apreciar a 4 personas en el espigón y olas enormes rompiendo a escasos metros de ellos".
Esta é a testemuña da persoa que colgou un vídeo en Youtube no que se pode ver as impresionantes ondas que había este luns no faro de Meirás. De feito, nas imaxes tamén se pode apreciar a algunha persoa moi preto de onde rompen as ondas, na segunda parte do vídeo.
O autor do video sinala que, mentres el rexistrou estas imaxes, houbo xente que "iba mas allá y bajaba un poco el acantilado para tirar flores probablemente a algún familiar fallecido".
De feito, as tres persoas desaparecidas acudiran ao lugar para tirar as cinzas dun familiar morto recentemente cando unha gran onda os sorprendeu. Unha muller conseguiu salvarse ao agarrarse a unha pedra, pero os outros tres foron arrastrados.
Un destes corpos xa foi achado esta mañá. É o de Rodrigo Pena, duns 70 anos, e cuñado de Juan Bedoya, de 50 anos, e tamén desparecideo. A outra persoa que tampouco apareceu é a súa filla Patricia, de 25. Son dunha familia moi coñecida da zona e que residían no lugar de O Canto do Muro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.