Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 17/08/2021 | Actualizada ás 16:48
A corporación municipal de Campo Lameiro convoca manifestación o venres 27 de agosto e declarará 'persoa non grata' ao presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, se leva a cabo "o anunciado peche" da oficina da entidade neste concello pontevedrés.
Segundo informa o Concello, os nove concelleiros, dos grupos do PP, Porvir e PSdeG, votaron por unanimidade un decálogo reivindicativo en defensa do mundo rural e dos dereitos dos veciños.
En pleno extraordinario, a corporación decidiu convocar esta concentración "de repulsa", ás 20,30 horas, e a apertura dun expediente para nomear a Escotet 'persoa non grata' se leva a cabo o peche, previsto para o 8 de setembro.
Os acordos --entre outros, instar o goberno municipal a retirar de Abanca todos os fondos dos que dispón o Concello e abrir novas contas na entidade que se instale no concello-- serán remitidos á dirección de Abanca e tamén á Xunta.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.