A Garda Civil detecta dous motoristas positivos en alcol, en Padrón e na Coruña

As motocicletas foron inmobilizadas e os condutores perderán catro puntos do permiso de condución.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/08/2021 | Actualizada ás 13:36

Comparte esta noticia

Unha patrulla da Garda Civil detectou durante o pasado fin de semana na estrada N-550 dous condutores de motocicletas que circulaban superando as taxas legalmente establecidas de alcol. O primeiro condutor denunciado foi en Padrón, cunhas taxas de 0.37 e 0,38 mg/l aos mandos dunha motocicleta de alta cilindrada. O segundo condutor foi denunciado na mesma vía pero esta vez nas proximidades da Coruña, circulando nun tramo de concentración de accidentes.

Ambas as motocicletas foron inmobilizadas e os condutores perderán catro puntos do permiso de condución, ademais da sanción económica, que será de 500 euros.

Ante o incremento da accidentalidade de motocicletas e ciclomotores, principalmente nas vías de comunicación das zonas costeiras con climatoloxía acorde ao emprego deste tipo de vehículos, o Sector de Tráfico da Garda Civil en Galicia intensificará a vixilancia e control do cumprimento das normas máis importantes que afectan á condución deste tipo de vehículos.

Detectados dous motoristas positivos en alcol. GARDA CIVIL
Detectados dous motoristas positivos en alcol. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta