Queren que Ourense recupere os espírito da Xeración Nós

Nace a asociación Alborexar co obxectivo de impulsar o movemento social galeguista actual.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 19/01/2014 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

A Cidade de Ourense xa ten unha nova asociación cultural, Alborexar, que propugana os valores de traballo e defensa da lingua "por riba de tódalas cousas". "Queremos recuperar ese alborexar dourado que coa xeración NÓS ou coa asociación intelectual Auria, tivo a cidade de Ourense nos pasado", suliñan nun comuicado.

Membros da Xeración Nós
Membros da Xeración Nós | Fonte: Consello da Cultura Galega

Así, destacan que a súa "é unha vontade galeguista", que nace do espírito das Irmandades da Fala. "A acción política é un campo moi importante de traballo, mais por riba deste sen lugar a dúbidas debe estar o traballo cultural", aclara.

Tamén anuncian o seu "compromiso ferreo coa lingua, símbolo do noso caracter nacional e diferenciador, unha lingua útil no mundo a través do portugués, pero a un tempo con cheiro a celta, pola nosa innegábel tradición celta e antiga". Pero, suliñan, que o máis importante é "comezar a normalizar o idioma".

A súa organización é a través de seminarios para atender "na medida do posíbel" todos os campos da cultura e do movemento social galeguista actual. "O noso lema podería ser Cultura, Lingua e Terra", di.

Por iso, e para poñerse en contacto con outros grupos, asociacións ou interesados facilitan un correo alborexarourense@gmail.com para "que vexan que imos en serio e que somos unha asociación que ten moi claro o que quere facer e que vai traballar para cumplir os obxectivos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 por el portugués me la corto

"suliñan, que o máis importante é "comezar a normalizar o idioma"." Vale colegas: levamos "normalizando" o idioma numa ortografia castrapa há mais de 30 anos .... e assim nos foi. Porém, teimade no mantra da "normalizaCIÓN", que ides/vamos ir de caralho.