Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/10/2021 | Actualizada ás 12:13
"Quiero que me vendáis estos percebes como si fuéseis el mejor percebeiro gallego". Así arrinca o punto do programa Masterchef que vén de causar polémica entre os afeccionados ao concurso en RRSS. A frase, pronunciada pola presentadora Eva González, foi continuada polos outros dous condutores do programa cun breve sketch no que imitaron o acento galego, unha brincadeira que non gustou a todos os que viron o programa.
O momento concreto do programa, que foi gravado na cidade da Coruña, pode ser consultado en contexto neste enlace, a partir do minuto 01:27:45. Entre as respostas ao programa, que ata o momento non se pronunciou sobre o rexeitamento ao sketch, a palabra que máis se repite é "burla". Moitos usuarios consideraron unha aldraxe a imitación dos presentadores do programa de prime time da canle pública estatal, entre eles a voceira nacional do BNG, Ana Pontón.
Vergoñento! https://t.co/4RiAg9BCCz
— Ana Pontón (@anaponton) October 5, 2021
Queredes ser unha parodia cutre do humor casposo de Pajares y Esteso, @MasterChef_es, pero non chegades ao nivel do cuñado medio. pic.twitter.com/hNDFg1pZeF
— Berta Dávila (@bertadavila) October 5, 2021
Pagámoslles os coruñeses 49.428 euros a #MCCelebrity para que veña o trifachito de xuíces dar vergonza allea tratando de imitar o acento galego?
— María Yáñez (@myanllo) October 4, 2021
Me parece fatal la burla que habéis hecho de nuestro acento. Cuándo vais a Cataluña o País Vasco no hacéis eso.
— Emma Rey (@Emma_con_2M) October 4, 2021
Sí queríais hacer algo en nuestra lengua, haberos aprendido unas frases en gallego y quedábais mejor.
Señores de master chef, los Gallegos tenemos acento Gallego y no de gilipollas….. de nada! 🙄 #MasterChefCelebrity pic.twitter.com/acvuPHyw0H
— ✨ Laura ✨ (@_Laura_SCK) October 4, 2021
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.