Desaloxada a sala Yago de Compostela, okupada desde o pasado xoves

Axentes da Policía tomaron o cinema sen incidentes.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 17/02/2014 | Actualizada ás 12:05

Comparte esta noticia

Catro días. Ese foi o tempo que a Sala Yago de Santiago estivo okupada. É a segunda vez que este espazo cultural sufre un okupación debido ao seu abandono.

Pancartas na segunda okupación da Sala Yago de Santiago
Pancartas na segunda okupación da Sala Yago de Santiago

Desta volta, e a diferencia do acontecido hai dous anos, non se viviron momentos tensos nin houbo cargas policiais. Os axentes da Policía actuaron de xeito diferente.

Así, antes de proceder a entrar no edificio, cortaron os accesos a céntrica Rúa do Vilar. Unha vez feito isto, entraron no seu interior sen moita resistencia. Segundo informan algúns medios os "mozos que se atopaban dentro saíron coas súas cousas na man, sen que se rexistrase ningún tipo de incidente".

Foi o pasado xoves cando un grupo de mozos volveu okupar esta sala, tal e como tamén aconteceu en novembro de 2011. Daquela houbera unha carga policial e varios detidos. 

A okupación, como a anterior, foi considerada "ilícita" polo rexedor compostelán, Ángel Currás, que dixo que isto non tiña nada ver con cuestións culturais, a pesares de que durante os últimos días este espazo estivo aberto ao público para que disfrutara de actividades culturais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Ana

Ogalla cada dia sexan mais os galegos que se informen e animen a participar nas "Marchas de la Dignidad Madrid 22M". Penso que habera un antes e un despois e xuntos si podemos.

2 Gramático

Unha "pequena descarga"? xDDDDDDDDDDD Agora resulta que reprimen con electrodos tamén! Máis ben "carga", ou ben "descargaron as súas porras"! xDDDDDDDDDDDDD

1 Hermerico

Como anedota recurrente, alguns dos terroristas exigirom às pessoas despejadas que lhes falassem em espanhol.

1 Hermerico

E já que falamos de terroristas. Júlio Saiáns foi sequestrado o ano passado polos devanditos, a sua parelha sufrui também "sequestro consorte", o seu bebé ficou desatendido durante horas. Fôrom levados ao Tribunal de Ordem Público fascista, onde facia das suas o fascista Garzón. Fôrom submetidos ao tratamento mediático habitual (tesoureiro de Resistência galega,etc...). Agora a causa fica arquivada. Nem os próprios fascistas do aparelho judicial-policial acreditam na consistência das suas próprias montagens. De aqui o meu mais sinceiro desprezo polos lincham os patriotas galegos, sejam "culpáveis" ou "inocentes" segundo o veredicto do regime. http://www.diarioliberdade.org/arti...,-prisom-e-criminaliza%C3%A7om,-procuradoria-espanhola-nom-apresentar%C3%A1-cargos-contra-j%C3%BAlio-sai%C3%A1ns.html