Quen gañou o Debate de Autonomía?

As enquisas da prensa tradicional dan a victoria a Feijóo, pero as redes sociais opinan distinto.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2021 | Actualizada ás 15:10

Comparte esta noticia

Cada vez que remata un dos grandes debates políticos emerxe das súas cinsas a pregunta obrigada do día despois: quen gañou? No tocante ao do Estado da Autonomía --que continuará este xoves e venres pero con ritmos distintos--, a cuestión é máis ben difusa. Un breve percorrido polos xornais dixitais de Galicia dá a entender que foi o presidente da Xunta o que conseguiu levar para a casa a simbólica victoria do Pazo do Hórreo. Pero as RRSS pensan distinto.

Vista xeral do Parlamento Galego, durante o minuto de silencio en recordo ao falecido conselleiro de Facenda, momentos previos ao comezo do Debate sobre o Estado da Autonomía, no Pazo do Hórreo, a 13 de outubro de 2021, en Santiago de Compo. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Vista xeral do Parlamento Galego, durante o minuto de silencio en recordo ao falecido conselleiro de Facenda, momentos previos ao comezo do Debate sobre o Estado da Autonomía, no Pazo do Hórreo, a 13 de outubro de 2021, en Santiago de Compo. Álvaro Ballesteros - Europa Press

A separación establécese entre as enquisas desenvoltas pola prensa tradicional e as intervencións dos máis usuarios en redes sociais. No caso das enquisas --realizadas por poucos xornais, en comparación, por exemplo, coa cita previa ás eleccións do 12X-- Feijóo sae como gañador claro, seguido por Pontón e, xa detrás do pelotón, Gonzalo Caballero

Non acontece o mesmo nas redes sociais. Se a maioría silenciosa se decanta pola opción do presidente da Xunta de Galicia, os internautas de Twitter que decidiron manifestar a súa voz fixérono, fundamentalmente, para dirixir críticas á actitude do rexedor popular en distintos momentos da mañá. Destacou, particularmente, o tirapuxa que este mantivo con Pontón a respecto da denominación Galicia/Galiza.

Nas redes galegas tamén circularon mensaxes de partido en apoio a cada un dos seus poñentes no Debate de Autonomía, pero no que respecta ás intervencións individuais, Núñez Feijóo foi o máis sinalado, sempre nun ton negativo. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Pois vai ser que non, que tampouco Galicia dise Galicia (como podedes comprobar no Portal das Palabras da RAG - Barrié) https://portaldaspalabras.gal/dicio... Galicianos/as NON somos nós !