Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/10/2021 | Actualizada ás 11:23
O Xulgado Mercantil número 2 da Coruña declarou o martes 19 de outubro o concurso voluntario da empresa Xaraleira S.L., situada en Aparral, no municipio das Pontes de García Rodríguez, e dedicada á cría de micromamíferos --ratos, hamsters, cobaias ou chinchillas--.
O concurso desta empresa que iniciou a súa actividade no ano 2003 foi presentado pola dirección debido á situación económica que atravesa, e desde o xulgado nomeou como administración concursal a José Alberto Da Rocha Guisande, do Colexio de Economistas da Coruña.
Desde a súa creación, Xaraleira converteuse nunha referencia na cría de animais roedores en España. Desde o ano 2009 diversificou a súa actividade, coa conxelación de alimento para aves e réptiles. Ademais, un ano máis tarde, en 2010, entrou no mercado da formación e introduciuse noutros países, aos que vendía os animais criados nas Pontes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.