Por E.P. | Sada | 20/10/2021 | Actualizada ás 18:20
O Concello de Sada ampliou a programación das visitas guiadas ao Pazo de Meirás aos grupos escolares, segundo informa o goberno local.
"Coa chegada do novo curso escolar remitiuse aos centros información sobre as visitas escolares que se prepararon este ano ao Pazo de Meirás co obxectivo de que o alumnado coñeza a historia e o patrimonio de Sada", explica.
Nestas visitas escolares, que comezaron este mércores, percorrerase a leira do pazo, catalogada como Ben de Interese Cultural coa categoría de Sitio Histórico.
As visitas serán guiadas polo técnico municipal de Turismo e realizaranse en horario de mañá, todos os mércores e xoves deste ano.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.