Por E.P. | A Coruña | 22/10/2021 | Actualizada ás 19:42
Investigadores do Laboratorio de Bases de Datos da Facultade de Informática da Universidade da Coruña (UDC) obtiveron o premio ao grupo de investigación máis innovador, segundo informa o reitorado.
Fixérono na V edición dos premios Spin-Off, nos que tamén se premiou a spin-off da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Mestrelab Research, co selo de calidade, e á start-up viguesa Alice Biometrics, coa idea emerxente.
Entre os obxectivos destes premios, está recoñecer a transferencia de coñecemento entre a universidade e a empresa e alentar ao emprendimiento que xorde desde os grupos de investigación universitarios. Os premios entregaranse a final de ano na Coruña.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.