Temas: LITERATURA

'O enigma de Santiago', gañadora do premio 'Raíña Lupa', preséntase este xoves na capital galega

Será na Biblioteca Pública Ánxel Casal, ás 20,00 horas.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 26/10/2021 | Actualizada ás 17:33

Comparte esta noticia

'O enigma de Santiago', obra coa que Xosé A. Neira Cruz se fixo co Premio Raíña Lupa da Deputación da Coruña en 2020, preséntase este xoves na capital galega tras chegar ás librarías.

'O enigma de Santiago'.
'O enigma de Santiago'.

A cita terá lugar na Biblioteca Pública Ánxel Casal, ás 20,00 horas. O autor estará acompañado polo catedrático de Electomagnetismo da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e divulgador científico, Jorge Mira, e pola directora comercial da Editorial Galaxia, Tati Mancebo.

O escritor Xosé A. Neira Cruz foi o gañador da XIV edición do Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil con esta obra, converténdose no primeiro escritor que gaña en dúas ocasións o certame convocado pola Deputación da Coruña.

Temas: LITERATURA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta