Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/11/2021 | Actualizada ás 10:00
A Fundación Matrix indica que a temperatura media anual aumentou 0,7º C de media no conxunto da provincia da Coruña entre os períodos climáticos (1961-1989) e (1991-2019) por mor do cambio climático
A investigación da Fundación Matrix coa colaboración da Deputación da Coruña analizou os datos dos seus concellos nos últimos 60 anos como parte do seu proxecto CLIMACO. Este proxecto inclúe a impartición de charlas de concienciación dirixida principalmente ao alumnado de Bacharelato da provincia da Coruña, e indirectamente á sociedade galega.
Estas charlas xa se están impartindo e se prolongarán durante o mes de decembro de forma telemática. Estarán dirixidas por Alberto González, investigador especialista en Climatoloxía da Fundación Matrix. O seu obxectivo será transmitir aos mozos e mozas cal é o estado actual do clima na zona de estudo, neste caso na provincia da Coruña, e o seu recente cambio acontecido.
"O cambio climático é unha realidade incuestionable, e a provincia da Coruña non é unha excepción", explicaba Alberto González. Esta iniciativa busca que os alumnos sexan conscientes da realidade do cambio climático e fomentar neles a promoción de comportamentos sostibles que reduzcan as emisións de CO2 e coiden do medio ambiente
AUMENTO DAS EMISIÓNS DE CO2
En canto ás emisións de CO2, só na provincia da Coruña, as emisións difusas deste gas de efecto invernadoiro supera os 2,8 millóns de toneladas de CO2 ao ano, o que provoca, que con esta iniciativa, os adolescentes reduzcan as emisións de CO2 e coiden o medio ambiente.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.