Por E.P. | Ourense | 10/11/2021 | Actualizada ás 20:05
O Pazo Provincial de Ourense acolleu a presentación do anteproxecto do que será o Gran Hotel Balneario da cidade, un proxecto ao que o presidente provincial, Manuel Baltar, referiuse como "referente en toda Europa", prometéndoo para antes do 2027.
"A cidade e toda a provincia presumirá do hotel balneario máis moderno e máis innovador de cantas instalacións existen en Europa, así como do mellor conectado do continente a través da alta velocidade", enxalzou.
Así explicou que recibirá o nome de 'Auria' en homenaxe a Eduardo Blanco Amor e "esa cidade ideal" na que o escritor ambientaba as súas obras.
"Será unha realidade antes do 2027", dixo o presidente provincial explicando que a proposta respectará o actual edificio, sede da Deputación Provincial, construído a finais do século XIX.
Deste xeito o edificio administrativo transformará o seu uso en Hotel Balneario de 5 estrelas na contorna da área comercial e na zona vella da cidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.