Por admin | GC ABERTO | 22/11/2021
Redución de xornada por coidado de menor ou persoa a cargo.
O aumento de idade dos 12 aos 15 anos para as reducións de xornada por coidado de menor debe ser unha das prioridades para que as traballadoras e traballadores poidan conciliar e coidar dos seus fillos. Non podemos falar de conciliación se non se dan as ferramentas.
Outro dos cambios necesarios é volver priorizar realmente a necesidade do menor ou da persoa incapacitada que precisa coidados por enriba das necesidades da tenda, ou da empresa, sen ter en conta as quendas de traballo e si as necesidades horarias de quen precisa os coidados.
No caso de Mercadona, onde son delegado de personal da CIG, vimos denunciando dende hai anos o sistema de quendas horarias asinado por Mercadona con UXT e CCOO que atenta dun modo gravisimo contra o dereito á redución de xornada por coidado de menor ou persoa a cargo, unhas quendas horarias que poñen límites a un dereito das traballadoras e traballadores xa insuficientemente garantido pola norma.
Ademais da coletilla de revisión dos horarios periodicamente, nunha negociación desigual entre traballadores e empresa, tamén asinada e negociada entre Mercadona, CCOO e UXT.
Tamén dende a Sección Sindical da CIG en Mercadona levamos esixindo á empresa en cada reunión que os horarios de redución de xornada sexan asinados e os traballadores teñan unha copia, como en calquera empresa sería o normal, pois ese é o único xeito de dar seguridade ás traballadoras e traballadores, e tamén de facer respectar os horarios de redución de xornada, que son un dereito, e como tal ten que ser respectado.
A baixa natalidade, o envellecemento da poboación son un problema, pero as empresas non están pola labor e o Goberno tampouco.
André Abeledo Fernández (Delegado de Persoal da CIG en Mercadona na Provincia de A Coruña).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.