Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/11/2021 | Actualizada ás 19:42
Máis de 20 empresas da Denominación de Orixe Rías Baixas abordaron, nun encontro, a estratexia promocional de 2022 en exportación. Segundo os seus organizadores, o 34% das vendas desta denominación durante a campaña 2020/21 dedicáronse á exportación coa participación de 107 adegas.
"Máis que nunca a planificación da promoción deste Consello Regulador faise necesaria e, por iso se organiza, tradicionalmente, en novembro unha reunión con adegas para dar conta do que foi o ano nesta materia e falar do próximo exercicio", explican sobre o evento.
Nel, participaron o secretario xeral do Consello Regulador, Ramón Huidobro, quen abordou as últimas cifras das exportacións, e a directora de mercadotecnia, Eva Mínguez, quen analizou os principais mercados de exportación.
Durante o devandito encontro decidiuse manter unha liña continuista, centrada no nove plans de exportación, actualmente en funcionamento: Estados Unidos, Reino Unido, Benelux, Irlanda, Canadá, México, Alemaña, Xapón e Polonia. A eles, súmanse accións puntuais noutros países como Suíza, Rusia ou República Dominicana.
As exportacións a mercados internacionais no D.O. Rías Baixas ascenderon a 9.263.352 litros e 52.245.671 euros, o que supón un incremento dun millón de litros e 6,5 millóns de euros con respecto á campaña anterior.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.