Feridos sete militares galegos ao sufrir un accidente cun tanque nunhas manobras en León

O vehículo no que viaxaban precipitouse por un noiro e envorcou.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/11/2021 | Actualizada ás 12:03

Comparte esta noticia

Sete militares da Brilat de Pontevedra resultaron feridos ao sufrir un accidente cun vehículo de combate mentres realizaban un exercicio de adestramento no municipio leonés de Luyego.

O accidente produciuse ás 18,50 horsa do pasado martes, cando o vehículo blindado no que viaxaban un sarxento e seis soldados precipitouse por un noiro e acabou envorcado.

Os militares foron atendidos polo persoal sanitario do Exército que se atopa presente durante as manobras e, unha vez estabilizados, foron evacuados ao Complexo Asistencial Universitario de León.

Os feridos atópanse hospitalizados no hospital leonés en estado estable tras ser sometidos a distintas probas médicas durante a noite que están pendentes de valoración.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta