As aulas galegas rexistran o dobre de casos activos que a pasada semana e alcanzan os 1.306 contaxios de covid-19

Os principais focos concéntranse no Filomena Dato de Barbadás, a Santa María de Ourense e o Padre Feijoo de Allariz

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 01/12/2021 | Actualizada ás 18:27

Comparte esta noticia

Continúa a escalada no sistema educativo. Os casos activos nos centros duplicáronse de novo en Galicia e alcanzan xa os 1.306 en todo o territorio, 648 máis respecto da semana pasada, que obrigan a manter pechadas polo menos un cento de aulas nestas instalacións (54 máis).

Unha profesora toma a temperatura a un neno nun colexio como medida de control da covid-19
Unha profesora toma a temperatura a un neno nun colexio como medida de control da covid-19 | Fonte: Jorge Gil - Europa Press.

O principal foco de incidencia da covid-19 rexístrase na área sanitaria de Ourense, segundo o balance facilitado polo Goberno galego, que concentra actualmente 370 do total de casos e 19 unidades clausuradas nos centros educativos, o que supón un incremento de case 200 nos últimos sete días.

O CEIP Filomena Dato de Barbadás é o que concentra o maior número de casos de toda Galicia, con 42 positivos (tres máis que este martes) e dúas unidades pechadas. Nesta mesma área de influencia destacan o CPR Plurilingüe Santa María de Ourense con 36 positivos e catro aulas clausuradas ou o CEIP Padre Feijoo de Allariz, que pasou de 21 a 34 positivos esta semana e tres unidades afectadas.

Outros centros que destacan pola incidencia do virus son o CPR Plurilingüe Pais Franciscanos de Lugo, que pasa de 25 a 31 positivos e tres aulas pechadas; o CPR Plurilingüe María Auxiliadora (Ourense), con 27 positivos e unha aula afectada; o CEP Altamira (Salceda de Caselas) con 24 positivos ou o CEIP Plurilingüe Alexandre Rodríguez Cadarso de Noia, con 22 casos activos e unha aula afectada.

Xa por baixo do limiar dos 20 positivos atópanse o CPR Sek-Atlántico de Poio con 19 casos e unha aula afectada, o CPR Plurilingüe Jaime Balmes de Noia (18 positivos e 6 aulas pechadas), o CEIP Wenceslao Fernández Flórez de Cambre (17 positivos), o CPI Antonio Faílde de Coles (17 positivos), o CPR Plurilingüe San Pío X de Ourense (16 positivos), o CPR Los Sauces de Mos (16 positivos e 2 aulas afectadas) e o CPR Plurilingüe Compañía de María de Ferrol (15 positivos e unha aula pechada).

Así mesmo, o Colexio Plurilingüe Compañía de María da Coruña informou de que conta con 13 casos activos e tres aulas pechadas, polo que se decidiu a realización dun cribado en sete unidades de infantil e primaria.

Por áreas sanitarias, ademais de Ourense destaca a de Vigo, que pasa de 165 a 325 casos activos e de 16 a 33 aulas pechadas, seguida da Coruña que pasa de 77 a 187 casos e 15 aulas afectadas, Lugo que pasa de 88 a 143 casos e 9 unidades clausuradas e Pontevedra, que ascende de 65 a 135 casos activos que obrigaron a clausurar nove unidades.

Pechan a táboa a área de Santiago-Barbanza, que se incrementa de 56 casos activos a 99 e 13 aulas pechadas, e a de Ferrol, que pasa de 30 a 47 contaxios e unhas dúas unidades afectadas.

As escolas infantís de Galicia, pola súa banda, rexistran un aumento de casos activos desde o cinco de hai unha semana aos 21 actuais, ademais de seis aulas pechadas nos últimos sete días.

A maioría dos positivos concéntranse na área de Vigo con 17 positivos e 4 unidades afectadas. A Escola Infantil Enredos de Tui permanece sen actividade con dúas aulas clausuradas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta