Un condutor dáse á fuga despois de provocar un accidente en Barreiros que deixa ferida unha menor

Saltouse un sinal de stop no cruzamento do polígono de Barreiros.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 01/12/2021 | Actualizada ás 20:17

Comparte esta noticia

Un condutor deuse á fuga despois de provocar un accidente cando circulaba pola N-642, no concello coruñés de Barreiros, no cal resultou ferida unha menor.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA - Arquivo.

Segundo informa o 112 Galicia, o condutor continuou a marcha despois de saltarse un sinal de stop no cruzamento do polígono de Barreiros.

Sobre as 16,30 horas, un afectado polo sinistro daba alerta do sucedido. Explicaba que o seu vehículo, ao frear de golpe, fora golpeado por atrás por outro coche, por mor dun condutor que se saltou un stop e que continuou a marcha.

Esta testemuña explicaba que o coche que lle golpeou tiña importantes danos e que unha menor que viaxaba nel necesitaba asistencia sanitaria.

Foron avisados, entre outros, 061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Barreiros, Protección Civil operarios do servizo de mantemento da vía.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta