Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/12/2021 | Actualizada ás 09:30
A Orquestra Galega de liberación acaba de sacar "NA LOITA", o seu segundo traballo discográfico. Foi gravado por Xurxo Pinheiro, e mesturado e masterizado por José Trincado "Tricky".
Este disco foi gravado ao vivo e composto a tempo real no Festival Jazz de Ría 2021 polos baterías Max Gómez e LAR Legido; polo trompeta Javier Pereiro; polo saxo alto, Olivier Cano; o clarinete baixo Rosolino Marinello; e as voces Rubén Fernández e Sheila Patricia.
Tamén participan como guitarras Antonio Bravo e Manuel Cebrián; como violín, Elena Vázquez; como viola, María José Pámpano; no violonchelo, Macarena Montesinos; e Saúl Puga no contrabaixo.
Na dirección deste disco estivo Xacobe Martínez Antelo e no deseño, Miguel Duarte. O disco "Na Loita" xa está dispoñible en todas as plataformas, tanto en itunes coma no Spotify e tamén aparece na web da banda.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.