Por que "oculta" a Xunta os datos de contaxios nos centros educativos?

A administración autonómica pasou de dar cifras cada día a ofrecer un só informe á semana no que non detalla cantos positivos corresponden a alumnos e cantos a profesores. A medida vén de ser criticada pola CIG nun momento en que a rapaza non vacinada supón boa parte dos casos covid da comunidade.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/12/2021 | Actualizada ás 21:40

Comparte esta noticia

Dende o comezo da pandemia quedou claro que o control da información relativa aos casos covid era chave para manter o control do relato da pandemia e minimizar o dano á imaxe dos gobernos. Se cadra foi por iso que a Xunta de Galicia decidiu deixar de informar diariamente da evolución dos casos covid en centros educativos de Galicia, onde hoxe se concentra boa parte dos contaxios pola falta de vacinación da rapazada menor de 12 anos.

Arquivo - Un adulto leva da man a dous alumnos a un colexio de Madrid.. Eduardo Parra - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Un adulto leva da man a dous alumnos a un colexio de Madrid.. Eduardo Parra - Europa Press - Arquivo

Nestas circunstancias, a CIG vén de demandar novamente á Xunta de Galicia máis transparencia no tocante á difusión destas cifras, que nestes momentos se ofrecen só unha vez á semana. Para a Confederación está claro que a Administración educativa "está ocultando información sobre o grave empeoramento da situación da pandemia".

Neste aspecto, consideran unha "irresponsabilidade" o feito de que a Xunta "esconda os datos da Covid-19 nos centros educativos" ao publicar os datos só unha vez á semana e que nesta información se oculten as cifras sobre grupos afectados, xa que a administración non separa profesorado, alumnado ou outro persoal dos centros educativos. "Despois de máis dun ano con ensino presencial en pandemia, a Xunta é das escasas administracións que non achega datos segregados que ofrezan unha imaxe detallada da realidade da incidencia e que sirva de referencia e estudo do que tirar conclusións", inciden dende a CIG.

CASOS DUPLICADOS NUNHA SEMANA

O sindicato tamén explica que na última reunión coas Consellarías de Sanidade e Educación propuxeron que se proporcionaran todos estes datos por colectivos, tipoloxía de centros e demais, "precisamente coa intención de poder analizar se a pandemia tiña unha maior afectación en función de grupos de idade, ratios das aulas ou tamaño dos centros, entre outros". Nesa reunión, o conselleiro de Sanidade chegou a afirmar que ese nivel de detalle era "posíbel". Porén, máis de dous meses despois, segue o hermetismo e a falta de transparencia, destacan.

Na xornada do pasado mércores coñeceuse que os casos en escolas e institutos de Galicia seguían adiante coa súa escalada para duplicarse de novo e alcanzar xa os 1.306 en todo o territorio, 648 máis respecto da semana pasada, que obrigan a manter pechadas polo menos un cento de aulas nestas instalacións (54 máis). Precisamente, Feijóo vén de anunciar a vacinación dos menores de entre 5 e 11 anos este mes de decembro. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Deus protexenos da Conselleria

Tampouco poden dar a cifras por escolás porque a empresa q da o servizo de rastrexo no deben ni eles ter os datos porque no dan feito o traballo, e normal, sin experiencia ni capacidade ni personal. Coa oferta de traballo colgada na web a ver se consiguen xente con contrato ata fin de ano

1 Deus protexenos da Conselleria

E máis que van a subir, hai máis de 1000 casos e 100000 contactos estreitos sen chamar nestes días, camiñando polas rúas sen saber que son covid19 positivos ou contactos deles. E porqué? Porque a Conselleria de Sanidade por aforrar un millón de euros na saúde pública deulle o servizo de rastrexo a una empresa sin experiencia en covid19 , nin tampouco os seus traballadores, e os poucos que sí a ten ven de non ser renovados fai meses no servizo covid19 o sen a experiencia que eles dín que ten, e que Abai non contrastou . É como si poñemos a un enfermeiro a facer de médico. O máis importante nestes momentos para a boa xestión da pandemia en Galicia hubese sido que huberan servido ao interés do ben público que é o primeiro dos principios das administración públicas , e non sirveran a productividade económica no marco da saúde pública no peor contexto posible que é unha pandemia mundial.