O interese do portugués en Galicia, namora en Portugal

Galicia terá un 'novo dicionário galego de língua portuguesa' antes do verán. O secretario xeral de Política Lingüística amosa a súa confianza coa entrada na Comunidade de Países de Língua Portuguesa (CPLP).

Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/04/2014 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A presentación do 'dicionário galego de língua portuguesa' este verán volveu ter un importante espazo nos medios informativos lusos. De feito, a RTP, a canle pública de Portugal, emitiu unha información destacando a importancia que este feito terá para os dous países.

Áreas lingüísticas do galego
Áreas lingüísticas do galego | Fonte:

A obra, con 150.000 vocablos, vai ser un dos "maiores e mellores diccionarios da lusofonía", segundo o seu autor,  Angelo Cristóvão, presidente da Academia Galega de Língua Portuguesa (AGAL), porque, ademais, terá contributos doutros países lusófonos. "O português pode passar a ser a segunda língua estrangeira nas escolas", comentan o jornalista Miguel Soares.

Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, amosase confiado na integración de Galicia na Comunidade de Países de Língua Portuguesa (CPLP). "Falta aínda por saber a opinión que o Estado español pode ter sobre esta cuesión e tamén se a CPLP está disposta a ter a Galicia como membro do seu seio".

Eduardo Maragoto, profesor de portugués na EOI de Santiago, destaca o "fascinio" dasta lingua, que pode servir para ampliar o mercado do traballo, especialmente, en Brasil.

Con todo, outro profesor, Jorge Gómes, queixase de que este fascinio non é recíproco por parte dos portugueses. "Os galegos, ás veces sentímonos un pouco orfos", conclúe.

Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística
Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

5 Qwerty

Também namora a Gloria Lago!

4 5xkb

O galego non é portugués, entón non temos que estar na CPLP porque é ridiculo. ese tal Valentín García debería dimitir, habería que facer unha campaña ó respecto.

1 O Príncipe dos Mouros

Eu négome se non hai unha relación de horizontalidade e bilateralidade, en pé de igualdade, entre galego e portugués. Trátannos coma un dialecto, un sucedáneo inválido. Nós non somos unha colonia do imperio colonial portugués e non temos por que ser tratados como tales. É unha concepción racista, xenófoba, colonial e imperialista de Galicia. Inaceptable, a non ser que a CPLP recoñeza o galego como lingua oficial.

2 Qwerty

Os tolls deveriam explicar os motivos polos quais «galego non é portugués» ao tempo que «andaluz é castellano». Hahahaha

3 O Príncipe dos Mouros

Sinxelo. As linguas non se dialectalizan todas a un tempo e na mesma proporción. Os paralelismos sempre son inadecuados. Cada caso é singular. A comparanza co andaluz sinxelamente non é un argumento. De tódolos xeitos, Andalucía ten un léxico propio moi rico: http://www.eloihr.net/andaluz/index... Antes do castelán, alí falouse o mozárabe. E tamén hai países castelanfalantes, coma a Arxentina, que teñen a súa norma propia, nitidamente distinguible da española, e a súa Academia propia: http://www.aal.edu.ar/ Pero a ningún arxentino se lle ocorre falar coma un madrileño ou aceptar a imposición colonialista dunha variante estranxeira (española, mexicana... ). Esa é a diferenza fundamental con respecto a aqueles galegos acomplexados que falan raro e finxen ser algo que non lles corresponde por nacemento. O reintegracionismo é psicolóxico. Tedes complexo.

4 Príncipe dos Monos

Blablablablablabla... (o mesmo repetido mil vezes com mil nicks..)

5 JOse

A CPLP hoje em dia não tem interesse nenhum. Nem Portugal nem o Brasil ligam á CPLP só os países africanos é que estão a tentar alargar a sua influência a outros países em Africa através da CPLP. EU sou contra a entrada da Galiza na CPLP. Os Galegos são castelhanos e devem ficar com Castela que estão bem uns para os outros. Nós fugimos de vocês em 1143 e não vos queremos de volta.Vocês não passam agentes de Castela para se tentarem infiltrar em Portugal. Galiza é Espanha!

6 brigo

JOse: nota-se que não es português, escreves com erros.

3 Xepe77

Pois a ver como explican algúns que no momento de maior ataque ao galego por parte da Xunta se estean a dar pasos a favor dun achegamento á lusofonía.

1 Akribéstaton

Fica claro que LVG marcou estilo na Galiza. Ou, simplesmente, é que LVG manifesta como ninguém a natureza insidiosa que tanto triunfa na Galiza. Este Xepe77 apresenta dous pretensos factos, como se fossem estritamente simultâneos e do mesmo alcance, e solicita uma explicação duma simples correlação que nem sequer tem o valor de enunciar com clareza! Há muitas considerações que fazer ao respeito, mas o primeiro é exigir clareza e precisão nas afirmação: senhor Xepe77, tenha o valor de formular a sua tese, se a tem.

2 petouto

O vencelho coa notícia (com audio) na RTP é aqui http://www.rtp.pt/noticias/index.ph...

1 O Príncipe dos Mouros

Aos portugueses impórtalles un corno Galicia.

1 José

O de que "namora" en Portugal, será nas camadas máis elitistas, se cadra en Lisboa ou Porto. A maior corrente galegófila que se leva escoitado en Portugal foi cando o Celta lle meteu 6-0 ao Benfica e no seguinte partido que foi este equipo ás Antas os seareiros berraban: "o Celta de Vigo, é o nosso amigo". Mais nada

2 Akribéstaton

Que dizia o senhor que "namora" na Galiza da Galiza?