O SMI arrinca 2022 en 965 euros á espera de negociar a súa subida no diálogo social

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/01/2022 | Actualizada ás 18:58

Comparte esta noticia

O salario mínimo interprofesional (SMI) arrincou 2022 conxelado en 965 euros ao mes por catorce pagas ata que o Goberno negocie unha nova contía con sindicatos e empresarios. A intención do Executivo é que o SMI siga subindo para cumprir o compromiso de alcanzar a final desta lexislatura o 60% do salario medio.

A decisión de prorrogar a contía do SMI aparece como unha disposición dentro do decreto da reforma laboral, en vigor desde o pasado xoves.

En concreto, dita disposición mantén a vixencia do Real Decreto-lei de setembro de 2021, no que se recolle a subida do SMI a 965 euros, e manteno nese monto ata que se aprobe outro Real Decreto coa cifra pactada dentro do diálogo social.

A pesar de que o Goberno non ten a obrigación de acordar a subida do SMI con sindicatos e empresarios, só a de consultarlles, o Ministerio de Traballo sempre se mostrou partidario de facelo cun acordo no diálogo social. A subida que resulte desta negociación podería ter carácter retroactivo, aínda que non necesariamente desde o 1 de xaneiro de 2022.

A última subida do SMI aprobouse o pasado 28 de setembro e aplicouse con carácter retroactivo desde o 1 de setembro.

Un grupo de traballadores da empresa Vestas
Un grupo de traballadores da empresa Vestas | Fonte: Carlos Castro - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta