Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/01/2022 | Actualizada ás 12:57
Animalistas recolleron máis de 62.000 firmas contra o uso dos animais nas cabalgatas, segundo informa a organización 'Libera', que sinala que, para lograr este obxectivo, lanzouse na plataforma 'Change.org' unha recollida de apoios.
Esta asociación aninmalista sinala que o uso de animais en cabalgatas é "pouco habitual" en Galicia, "circunscribíndose nos últimos anos a Pontevedra e Ourense, con exemplos pasados en Vigo (2013) e Arteixo (2017), aínda que con reiteración por motivos festivos en Lugo, onde o 'Arde Lucus' acolle paseos de ponies e cabalos".
Por outra banda, advirten que no sistema normativo galego "existe un baleiro que permite estes paseos con toda clase de animais, xa que a Lei de Benestar Animal de 2017 só veta o uso en funcións circenses e só reglamenta os eventos con animais de compañía, como podería ser unha feira para fomentar a adopción de cans e gatos".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.