Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/01/2022 | Actualizada ás 19:54
A Cidade da Cultura despide o vindeiro domingo, día 9, a exposición 'Galicia futura. Todo o que imos ser', que chega á súa última semana no Museo Centro Gaiás superando as 35.000 visitas e cunha media diaria dunhas 250 persoas. Ademais, un milleiro de escolares de Primaria, Secundaria, Bacharelato e FP participaron no programa didáctico dunha mostra que supuxo a volta presencial das visitas educativas, aínda que tamén as houbo por videconferencia.
A mostra, impulsada pola Xunta de Galicia, aínda pode visitarse de forma gratuíta todos os días desta semana con horario de 10,00 a 20,00 horas no primeiro piso do museo. Posteriormente, achegarase a outras cidades galegas ao longo de 2022, mediante un programa de itinerancias que se dará a coñecer proximamente.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.