Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 07/01/2022 | Actualizada ás 13:50
Representantes da hostalaría galega cualificaron de "frouxa" a xornada de Reis, cunha facturación nas festas "peor" que as anteriores, segundo expuxeron en declaracións a Europa Press. Así o manifestaron tanto o presidente da Federación Galega de Hostalaría, Cheché Real, como Lois Lopes, membro da Plataforma na Defensa da Hostalería Galega.
"A facturación depende da xente que entra nos negocios e gasta e non hai a afluencia de antes", sostén Cheché Real, que o vincula co medo polos contaxios, pero tamén ás persoas en confinamento.
"O balance, moi frouxo", resume sobre estas festas e, en particular, sobre a xornada de Reis. En similares termos, pronúnciase Lois Lopes, quen asegura que houbo ocupación de mesas, pero dadas as restricións e a limitación de ocupantes "a facturación é mala".
"Peor que o ano pasado mesmo", sinala en relación ás festas anteriores e aludindo tamén ao feito de que estas sexan unhas celebracións familiares e pola existencia de persoas confinadas ou de contaxios algúns optasen por non reunirse ou reducir o número de membros.
A iso, suma as limitacións por mesa. "Non é o mesmo separar mesas de doce que mesas de oito", apostila sobre o menor número de comensais por esta circunstancia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.