Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/01/2022 | Actualizada ás 13:57
Un veciño de Ourense de 30 anos foi detido na madrugada deste domingo tras ocasionar danos no servizo de Urxencias do CHUO, agredir a unha paciente, un médico e aos axentes da Policía Local que o detiveron. Tal e como informa a Policía Local nun comunicado, foi o propio hospital o que deu aviso de que unha "persoa agresiva" estaba a provocar problemas en Urxencias.
Ao chegar, o home xa fuxira do lugar, pero a patrulla constatou que o home agredira a unha paciente e a un médico e fracturara un cristal dunha porta corredera. O mozo, que fuxira nun vehículo, foi interceptado por outra patrulla, momento no que o home, cando ía ser identificado, agrediu a un dos axentes.Tras a súa detención, instruíronse dilixencias xudiciais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.