Brasil mantén a Zara na lista de traballo escravo

Un xuíz de Sao Paolo dita que a galega Inditex aproveitábase dunha subcontrata para explotar a un grupo de inmigrantes bolivianos, que cobraban 0,06 céntimos de euro por cada prenda rematada.

Por Galicia Confidencial | Sao Paulo (Brasil) | 16/04/2014 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

Un auto do xuíz Alvaro Emanuel de Oliveira Simões, do xulgado número 3 do social en Sao Paolo, mantén a Zara Brasil na "lista suja" do Ministério do Trabalho e Emprego e pela Secretaria de Direitos Humanos. A filial da galega Inditex pretendía limpar o seu nome despois de Aha Indústria e Comércio LTDA fose apañada en 2011 pagando 0,06 céntimos de euro por peza aos seus traballadores. O 90% da produción de Aha Indústria e Comércio LTDA ía para Zara.

Traballadora da subcontrata de Zara no Brasil
Traballadora da subcontrata de Zara no Brasil | Fonte: Bianca Pyl brasildefato

O "Juiz do Trabalho" tamén condena a Zara a pagar as custas do xuízo. A Xustiza reitera que a empresa galega aproveitábase directamente dos traballadores, malia tentar "camuflar" isto  través dunha subcontratata. 

Os asalariados traballaban até 14 horas ao día por uns salarios ínfimos, segundo descubriron os inspectores tras a denuncia dun inmigrante boliviano. Parte dese mísero salario ía a propia subcontrata para pagar comida e habitacións de descanso. 

A sentencia destaca que "as oficinas onde foram encontrados trabalhadores em condição análoga à de escravidão laboravam exclusivamente no fabrico de produtos da Zara, atendendo a critérios e especificações apresentados pela empresa, recebendo o seu escasso salário de repasse oriundo, também exclusivamente, ou quase exclusivamente, da Zara”.

No seu momento, Zara Brasil botou as culpas á subcontrata e prometeu revisar a súa política de encargas a outras empresas. Agora, pretendía salir da lista de empresas que utilizan prácticas fraudulentas argumentando que o Ministerio de Traballo extralimitouse nas súas funcións. 

Amancio Ortega, propietario de Inditex
Amancio Ortega, propietario de Inditex

A empresa asegura que AHA desviou a producción a eses talleres sen o seu coñecemento e critica o paradoxo de que AHA siga traballando regularmente no país Sudamericano.

Tales argumentos non convenceron ao xuíz, quen cre que " a fraude da intermediação é escancarada, pois, na verdade, houve prestação a favor do vindicador com pessoalidade, não eventualidade, remuneração e subordinação económica”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Un Galego cabreado

Dende que a RAG tamén xa vai etiquetar a Mondariz, que pouca vergoña, ética, dignidade, é decir, respeto a EMPRESA GALEGA IMPORTANTE A QUE PAGA OS IMPOSTOS, A QUE COTIZA EN VERDADE, A VERDADEIRA. Botaron ó mellor escritor, poeta, profesor, é PRESIDENTE DA RAG, con artimañas, é mentiras co conto do a ver si agora denuncian ó do hotel. Zara sigue a escravitude dos rapaces, das mulleres, como sempre, porque asi escomenzou, porque isto non cambia.

3 Flipooo

Lo de Sao Paolo cheghoume á alma, amigos.

2 A ver veña

A ver se ahora saen os de Compromiso dicir que hai que apoiar esta empresa

1 Marx e Lenin

Hoxe coma onte, mañá coma hoxe e sempre igual. A muller e os nenos non valen nada fronte a riqueza, as armas ou a relixión. A revolución sempre está pendente no planeta dos simios hábilis.