GC Aberto

Os vellos amamos a Liberdade !

Necesitamos novos modelos de pensamento que integren as persoas maiores nun modelo de sociedade máis intelixente e máis autónomo. Para isto será indispensable lexislar acerca da “responsabilidade social” de organizacións e institucións tanto públicas como privadas.

Por Gamela | GC ABERTO | 04/02/2022

Comparte esta noticia

Os vellos poñemos como condición que se respecte a nosa Liberdade Individual!

Unha traballadora e unha persoa maior nunha residencia da terceira idade
Unha traballadora e unha persoa maior nunha residencia da terceira idade | Fonte: QUINTAS FOTOGRAFOS
As Administracións tratan aos maiores como pícaros -sen experiencia- que deben ser guiados e vixiados 24 horas ao día; non entenden que a vida é liberdade e respecto pola capacidade de elixir en cada momento en función das opcións dispoñibles. Nisto os maiores somos campións !

Sabemos exactamente o que non queremos: non queremos que nos tomen por idiotas !

A campaña que esixe aos Bancos responsabilidade social para que atendan aos maiores como persoas que reclaman respecto e dignidade, está tendo unha resposta contundente con máis de 450.000 firmas baixo a etiqueta #SoyMayorNoIdiota

Os Servizos Sociais de Comunidades Autónomas e Concellos cando deciden atender algunha demanda social das persoas maiores o primeiro que lles piden é a súa conta bancaría (quizais para axudarlles a baleirala) Grave Erro ! 

As Fundacions Sín Ánimo de Lucro -así chamadas- descubriron o seu nicho de mercado nos maiores de 60 e lánzanse como voitres á administración dos seus recursos económicos co pretexto de ofrecerlles un mundo feliz na súa xubilación...

Non nacemos onte nin pensamos morrer mañá !

Vivir de modo autónomo e integrado na sociedade seria moitísimo máis barato e ademais poderiamos ser todos moito máis felices !

Pero témome que o plan é outro. 

O primeiro que deberamos facer é levantar a barreira das privatizaciones! 

Baixo a aparencia dunha atención exclusiva e de calidade ocúltanse intereses pouco transparentes, ou quizais, inconfesables.  Si caes nas garras dun xestor de servizos xa podes darte por morto: venderache viaxes alucinantes en folletos de cores e a cambio dos teus datos persoais e bancarios ofrecerase, solícito, a facilitarche todas as xestións (ti non debes preocuparte por nada!) 

Así é como nos convertemos en idiotas !

Cando nunha cidade como Vigo (300.000 habitantes) só existen dúas bibliotecas públicas e as privadas pecharon xa as súas portas, creamos un eslogan publicitario:  “un mundo na cidade”; un mundo de carencias no cal nin novos nin maiores atopen lugares públicos onde ler prensa escrita ou consultar libros para exercer o dereito ao progreso cognitivo. Diranche que carece de sentido abrir bibliotecas, que todo está na rede... pero ocultarán que o acceso dependerá do pago mensual dunha conexión básica (58 €) e das actualizaciones do teu ordenador (smartphone ou tablet) que poderán alcanzar os 800 € si non che limpan 1.500 € coa milonga dunha garantía antirroubo, seguridade antivirus...etc. Os maiores non adoitan ter idea de que vai a cousa, e trágan con carros e carretas...

Así pechamos Bibliotecas de calidade e privatizamos o acceso á información. 

Os medios de comunicación social (xornais dixitais) puxéronse as pilas en plena pandemia e bloquearon o seu acceso en aberto á información levantando indignos Muros de Pago...

Á túa conexión a Internet e á actualización dos teus dispositivos terás que sumarlle unha ou dúas sucricións a xornais locais que encherán a túa pantalla de publicidade e propaganda por uns 90 € ao ano... (180 € si queres unha segunda opinión...)

O modelo Casino - Liceo - Ateneo - Círculo Recreativo está xa fóra de uso, desde o século XIX dirixido a unha sociedade exclusiva (con diñeiro) hoxe prácticamente a totalidade desas sociedades están mortas e en fase de liquidación por débedas e ausencia de socios. Vexamos un exemplo: o Círculo Cultural Mercantil e Industrial de Vigo (coñecido polo Mercantil) aproveitou un cambio na súa Directiva para expoliar a sociedade e malvender o seu patrimonio. Comezaron por liquidar a súa biblioteca (unha das máis utilizadas de Vigo), logo fixeron reformas caras e ridículas que terminaron por expulsar aos maiores que se reunían nun magnífico local no corazón da rúa do Príncipe para ler a prensa, charlar e pasar lista dos que ían quedando vivos... Presentaron as contas do Gran Capitán e unha misteriosa oferta por 4,4 millóns terminou por liquidar o Edificio de 5 plantas do Mercantil (hoxe sé do Real Club Celta).

A sociedade contaba cunhas instalacións deportivas nun lugar de privilexio á beira da Universidade de Vigo. A mesma Directiva volveu gastarse o diñeiro da venda do edificio de Príncipe en pistas de padel e reformas de mal gusto que terminaron por cobrarlle aos socios os alugueres das pistas deportivas cada vez máis deterioradas e con escaso mantemento. Unha gran piscina foi reducida á metade cun enorme gasto innecesario e agora apenas está dispoñible 2 meses ao ano e con horarios tan reducidos que case ninguén a utiliza... O servizo de cafetería adxudicouse aos máis miserables do lugar e agora os escasos socios que seguen abonando a súa mensualidade deben practicar o autoservicio para tomar un aperitivo ou un café... En breve volverán presentar as contas do Gran Capitán e unha nova oferta liquidará definitivamente a Sociedade Mercantil de Vigo.

O mesmo poderíase dicir do Aero Club, do Club de Campo, ou do Club Náutico, todas sociedades decimonónicas que se atopan endudadas ata a médula e con escasisimo futuro pola expulsión deliberada dos seus socios.

Evidentemente algúns fan caixa con estas operacións financeiras...

Este modelo podería revitalizarse cunha Xestión Pública e de Calidade. 

Os prezos de liquidación son tan miserables que Concello - Deputación - Xunta de Galicia poderíanse facer coa propiedade por tan pouco diñeiro que pensarían que lles tocou a lotería...

Poderíanse crear lugares de encontro abertos a toda a poboación: mozos e maiores poderían volver CONVIVIR e bastaría unha eficaz xestión para converter en moi rendibles estas vellas Sociedades.

As persoas maiores terían moitos lugares para gozar de actividades de modo autónomo e sen necesidade de vixialos 24 horas ao día... Ademais é falso que os mozos reclamen lugares especialmente deseñados para un lecer baseado en alcohol e decibelios, existen moitos mozos que gozan do billar, os xogos de mesa ou os grupos de música e deportes sen que para iso sexa obligatorio segregar ás xeracións!

Vellos e mozos aprenden a convivir, Convivindo !

Respectando as zonas de lecer compartido, desde a lectura silenciosa a zonas de ximnasios e canchas de competición... estes lugares contan con suficiente espazo para convivir sen tropezar...

A segregación por idade só busca deseñar lugares privados, caros e exclusivos para distintas xeracións, impedindo a integración e a convivencia.

Só desde unha concepción Xerontocrática da vida social as persoas maiores convértense nun problema e é entón cando se deseñan guetos para INDEFENSOS!

A indefensión dos maiores deséñase desde as novas tecnoloxías para xustificar a súa segregación favorecendo o lucro voraz das empresas privadas.

Véxase o funcionamento das webs públicas que esixen "certificados duplicados" que ninguén sabe descargar nin xestionar ! Que sentido ten xerar Clave365 e Chave365 ? Complicar a dixitalización deixa tirados aos maiores, e convértese na escusa perfecta para a proliferación sen conto dos chamados Plans de Envellecemento Activo (previo pago das cotas correpondientes).

Visite a Comisaría de Policía e intente actualizar a clave do seu DNI : a maquiniña nin recoñece a clave anterior, nin recoñece a pegada dixital logo de 2 anos da renovación ! Non se lle ocorra pedir axuda ao funcionario porque, ademais de non ter nin idea, botaralle a vostede a culpa dicíndolle que seguramente tecleou mal a súa clave e que a súa pegada dixital cicais se corresponda coa pegada dalgún mandril que derramou a máquina que tanto diñeiro custou a todos. Pida cita e renove o seu DNI indicando que o fai por problemas técnicos e pague a renovación.

Algúns listillos atopan nos Cursos da Universidade para Maiores de 55 un refuxio nos seus primeiros anos de xubilación (así teñen a impresión de non-perder-o-tempo), eles xustifícanse dicindo que sempre desexaron aprender algo diferente: dende Física Nuclear a Literatura da Baixa Idade Media... todo moi interesante, aínda que tanta sabedoría non teña retorno social algún (?) salvo entreter 2 horiñas da tarde... se os habituais logran quedar para cear algún día xuntos, as conversas virarán cara ás críticas a certos profesores que non lles dedican a atención que eles merecen. Amparados no seu estatus de xubilados -con todo o tempo do mundo para sí mesmos- sempre serán moito máis cultos, educados e boas persoas que os profes que dedican o seu tempo a entreterlles a vida sen pedirlles absolutamente nada a cambio... Como di vostede ? – Eu pago a miña matrícula !

Dicimos unha cousa e facemos a contraria?

Como é posible que a Fundación Abanca cobre 45 € ao ano por matrícular “Maiores de 60”. O primeiro que fan é recoller todos os seus datos persoais e bancarios (si abres unha conta en Abanca ofrécenche un desconto, ademais de cobrarche a comisión de mantemento da conta!). Para acceder ás súas actividades, antes sequera de coñecer o edificio e o seu funcionamento xa estás pagando 45 € ! Ademais che facturarán puntualmente o custo de cada actividade na que desexes participar...

Pero -dirán algúns- existe un catálogo de actividades gratuitas... que cando as solicitas curiosamente non se poden realizar por falta de demanda... Esta Fundación Social realmente converte aos maiores en clientes e explota con criterios comerciais un apetecible nicho de mercado... a cambio de nada (exencions fiscais para a empresa!) e aumentando a segregación xeracional dos maiores !

Como se pode comprobar máis de 450.000 persoas uníronse á campaña #SoyMayorNoIdiota para reclamar unha atención digna. Si os maiores puidesen cancelar as súas contas con facilidade seguro que o pensarían dúas veces antes de seguir estafándoos con comisións abusivas, denegación do servizo de atención ao cliente e supresión de oficinas e caixeiros no rural... A súa avaricia non ten límites..

Os maiores poñemos como condición que se respecte a nosa Liberdade Individual

Sería bo escoitar á xente e saber o que necesita para vivir de modo autónomo e integrado o maior tempo posible... e moitísimo máis barato !

Coidado con dar crédito ao chantaxe emocional dos familiares: cando falan sobre as necesidades que eles creen que teñen as súas nais, pais, avóas e avós... 

Os fillos teñen as súas propias necesidades que case nunca coinciden coas necesidades das persoas maiores... 

A ver si imos poñer ao raposo ao coidado das galiñas ?

Existen Residencias Cinco Estrelas (para quen poida pagalas) e logo temos "Granxas de Vellos" como comprobamos durante a Pandemia: si ademais o Goberno Decreta Confinamiento Inconstitucional de 9 meses, a ver quen se atreve a solicitar praza nas Residencias da Morte...

Sempre serán moi necesarias Residencias Públicas de Calidade (a súa privatización converteunas nun problema que raia a delincuencia!) moitos familiares reclaman con angustia unha praza para os seus seres “queridos” pero ás veces deberamos valorar se esta reclamación é para mellorar a calidade de vida dos maiores ou trata de apartalos para sempre da circulación, pechándoos a perpetuidade nun Centro de Illamento ata o final das súas vidas!

Máis do 40% das mortes relacionadas co covid-19 durante 2020 producíronse en Centros Residenciales de atención a longo prazo, en países con maiores ingresos económicos a proporción dispárase ata o 80%.

É evidente que o estamos facendo moi mal... (Ver Informe OMS)

Os informes estiman que o número de persoas de 80 anos triplicarase, pasando dos 143 millóns actuais aos 426 millóns en 2050. É preciso tomar conciencia e actuar ante este cambio demográfico, social e económico xerado, curiosamente, polo aumento da esperanza de vida.

Necesitamos novos modelos de pensamento que integren ás persoas maiores nun modelo de sociedade máis intelixente e máis autónomo. Para iso será indispensable lexislar sobre a “responsabilidade social” de organizacións e institucións tanto públicas como privadas.

Os maiores non son chatarra para reciclar ao peso !

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta