Cambian de destino os xuíces estrela de Galicia

O maxistrado Andrés Lago Louro substituirá a Luis Aláez, instructor do accidente do Alvia. Tamén Vázquez Taín, instructor do caso Asunta, mudarase para A Coruña.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 01/05/2014 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Dous dos xuíces máis coñecidos de Galicia, Luis Aláez e José Antonio Vázquez Taín, deixarán os xulgados nos que actualmente exercen. O primeiro cambiará para o Xulgado do Penal número 1 de Santiago e Taín irá para o Xulgado do Penal número 2 da Coruña. 

Vázquez Taín durante unha entrevista
Vázquez Taín durante unha entrevista | Fonte: rtve

Os dous levan casos moi importantes; Luis Aláez o do accidente do tren Alvia, en Angrois, mentres que Vázquez Taín foi instructor do roubo do Códice Calixtino e tamén instrúe o caso do asasinato da nena Asunta Basterra.

Andrés Lago Louro, que ingresou na carreira xudicial en 2004 e que actualmente está destinado en comisión de servizo no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago, substiuirá a Aláez no xulgado número 3 de Santiago. Anteriormente ocupou os Xulgados de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cistierna (León) e número 2 de Corcubión (A Coruña).

Como no caso de Aláez, Vázquez Taín mostrou ao CGPJ a súa disposición a permanecer no seu actual destino ata que se resolva un novo concurso e o xuíz ao que se adxudique esta praza tome posesión da mesma, polo que de momento non se incorporará ao Xulgado que solicitara e que lle foi concedido: o do Penal número 2 da Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta