Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/02/2022 | Actualizada ás 13:54
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, defendeu, sobre a apertura dunha investigación sobre abusos sexuais no seo das Igrexas, que hai que investigar "calquera tipo de abuso". Tras aclarar que descoñece en exactitude o que se vota no Congreso, foi explícito ao afirmar: "Deberiamos incluír todas as institucións e non só a unha".
A preguntas dos medios, o mandatario autonómico conveu que se un menor sofre abusos tería que someterse a investigación de calquera institución e "non só unha concreta", porque "parece que no resto de institucións non hai ningún tipo de abuso", sinalou. Ademais, lembrou que a Fiscalía investiga e sinalou que se o Congreso considera que hai que investigar abusos en institucións, "debería incluír a todas e non soamente a unha".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.