Temas: XUNTA SECA

Alerta en Galicia: a Xunta convoca a Oficina da Seca e pide implicación dos concellos

A convocatoria do órgano, con representantes de diversos departamentos implicados, realizouse para este xoves,

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/02/2022 | Actualizada ás 17:49

Comparte esta noticia

A Xunta convocou para este xoves a Oficina Técnica da Seca co obxectivo de facer "un seguimento coordinado" dos sistemas de abastecemento de auga, tras a declaración do estado de prealerta por seca na maior parte da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa.

Seca no encoro de Lindoso, na Baixa Limia, que deixa ver a aldea sumerxida de Aceredo
Seca no encoro de Lindoso, na Baixa Limia, que deixa ver a aldea sumerxida de Aceredo | Fonte: Gonzalo Blanco

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, activou este luns o estado de prealerta por seca en 12 dos 19 sistemas de abastecemento da conca de competencia autonómica co fin de intensificar o seguimento da situación, aínda que se remarcou que está "garantido" o abastecemento. Os 7 sistemas restantes, correspondentes coa zona norte, mantéñense en niveis de normalidade.

A activación da prealerta por seca nestes sistemas de abastecementos é unha medida preventiva da Xunta que busca a "anticipación" ante un posible episodio futuro de escaseza de auga, así como a toma de conciencia sobre a necesidade de facer un consumo responsable.

Dentro do espírito de colaboración, desde a Xunta solicítase "a implicación" dos concellos para establecer as medidas que consideren apropiadas, dentro do seu ámbito de competencia, e levar a cabo un labor de concienciación cidadá e un control adecuado dos usos da auga que se realicen no seu concello.

Na carta remitida, tamén se lles solicita aos concellos que anticipen as medidas que consideren precisas no caso de que a situación se vexa agravada e que comuniquen a Augas de Galicia calquera incidente que se produza no seu municipio.

Fontes da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) trasladaron a súa vontade de colaborar plenamente para facer fronte a calquera dificultade provocada pola seca.

Temas: XUNTA SECA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta