Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/02/2022 | Actualizada ás 21:22
A Deputación da Coruña destina este ano 275.000 euros a iniciativas de artistas ou empresas que desenvolvan proxectos sociais e culturais en lingua galega e que acheguen enfoques e prácticas "de alto interese" pola súa natureza innovadora, experimental, relacional ou social.
O prazo de presentación de solicitudes terminará ás 14.00 horas do próximo 15 de marzo. Os beneficiarios poderán recibir un mínimo de 3.000 euros e un máximo de 30.000 de axuda.
As propostas deberán abordar, sempre desde o ámbito da cultura, temáticas como a cohesión e integración social, a defensa das diversidades e a convivencia intercultural, a sensibilización ambiental, o traballo en favor da igualdade, a integración de persoas con diversidade funcional, a educación en valores, o desenvolvemento territorial, a recuperación demográfica ou a revitalización das identidades comunitarias.
As bases da convocatoria poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia (BOP) do 28 de xaneiro de 2022 e en https://bit.ly/3GEtqfg
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.