Por X.M. Fernández | Arzúa | 11/02/2022 | Actualizada ás 12:09
Susana Rodríguez Gacio é unha deportista que, ademais de representar os valores de superación e presumir de 4 campionatos do mundo e 2 de Europa, é a recente medalla de ouro de triatlon nos Xogos Paralímpicos de Tokio 2020. Todo o anterior sitúaa no número 1 do ranking mundial.
Susana é tamén licenciada en medicina pola universidade de Santiago de Compostela e médico especialista en Medicina Física e Rehabilitación. Foi ademais portada da prestixiosa revista TIME grazas ao seu labor na loita contra a COVID traballando en primeira liña no Hospital de Santiago
E non queda aí a cousa, nesta inigualable tempada foi recentemente nomeada aos ‘premios Laureus’, considerados os "Óscar do deporte".
A Festa do Queixo 2022 terá lugar os días 4, 5 e 6 de marzo, sendo o pregón o sábado 5 ás 11:30 h. Para asistir ao mesmo cómpre reservar entrada no teléfono 981 500222 ou recollela de forma presencial na oficina da Concellaría de Cultura.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.