Por E.P. | Santiago de Compostela | 11/02/2022 | Actualizada ás 19:19
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou a contratación de novos profesionais para desenvolver e implantar os criterios do plan Galego de Saúde Mental, aumentando as prazas ata 241 en 2024.
Núñez Feijóo visitou este venres o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), onde explicou que o programa conta cun investimento de 83 millóns de euros entre 2020 e 2024, período que ten como obxectivo desenvolver novas iniciativas de prevención e de atención en canto a saúde mental.
Feijóo explicou que a contratación destes profesionais está a permitir pór en marcha unidades de prevención do suicidio como a de Ourense, a primeira área sanitaria en contar unha dotación deste tipo para adultos e en implantar a unidade infanto-xuvenil de carácter multidisciplinar.
Neste sentido, o presidente da Xunta agradeceu o labor da profesionais da área sanitaria ourensá afirmando que "o modelo Ourense" se exportará "ás demais áreas sanitarias" coa creación das unidades noutras áreas e montando hospitais de día en Vigo e Santiago.
OBRAS
Ademais, Núñez Feijoo fixo mención ás obras do novo edificio de hospitalización ourensán, que "espera que comecen nas próximas semanas", tras a adxudicación das mesmas.
Así pois, tamén fixo fincapé na reforma da unidade de críticos do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Esta, segundo Feijóo, será "unha ampliación delicada" porque "haberá que manter a asistencia sanitaria mentres duren as obras". Na mesma liña anunciou que "pronto" se fará a reforma da Unidade de Medicina Nuclear.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.