Por X.M. Fernández | Allariz | 15/02/2022 | Actualizada ás 09:00
Allariz recibe miles de turistas durante as vacacións de Semana Santa polo que, dende hai anos, o Concello de Allariz organiza unha proposta cultural para ambientar as rúas do casco histórico. Artistas de diferentes estilos amenizan, con actuacións en directo, o paseo da veciñanza, dos visitantes e dos turistas. Esta iniciativa coñécese como "Semana Santa ao Vivo" e este ano terá lugar entre o 14 e o 17 de abril.
Este proxecto cultural abarca sobre todo música, nos seus variados estilos, ademais doutras disciplinas artísticas susceptibles de realizarse na rúa, como danza, espectáculos de maxia ou teatro, entre outras.
O prazo de inscrición para artistas estará aberto ata o día 4 de marzo ás 14:00h.. Para participar é preciso enviar o formulario debidamente cumprimentado que poderán descargar en na web do concello.
A selección será comunicada ás persoas inscritas a través de correo electrónico, o día 11 de marzo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.