Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/02/2022 | Actualizada ás 09:00
A S.D. Santa Cruz de Montaos, é un equipo modesto de fútbol galego da localidade de Ordes e que na actualidade compite na Segunda Autonómica de Galicia. Foi fundado nos anos 50 e pasou por varias etapas nas que estivo federado e desapareceu oficialmente. Actualmente leva 19 tempadas consecutivas como equipo federado.
Este clube modesto tivo unha iniciativa peculiar, a de ter un himno propio e un videoclip. O pasado domingo 20 de febreiro no descanso do derbi que enfrontaba ao Montaos e o Deixebre estrearon a súa canción.
O Montaos é un clube cunha historia longa e impecable. Aínda manteñen a ilusión de "primeira división" como di a canción, composta polo músico coruñés Diego Piñeiro, que ademais produciu a canción e o videoclip.
"É un club cunha afección que ten unha enerxía tremenda, que aínda que pertenza a Segunda Autonómica Galega, a verdade que a súa afección é un exemplo digno de nomear, por iso merecíase ter un himno propio", di Diego Piñeiro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.