Reclaman máis persoal e estabilidade para enfermaría e fisioterapia ante a "extrema gravidade da sanidade"

"Non só están enfermas as persoas, tamén a nosa sanidade pública e o seu prognóstico é moi grave", foi a mensaxe lanzada para as administracións e partidos políticos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/02/2022 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

Profesionais de enfermaría e fisioterapeuta sumáronse en Galicia á protesta xeral en todos os hospitais públicos de España para reclamar estabilidade profesional. Unha destas concentracións tivo lugar no edificio Hospitalario de Ourense (CHUO) para reclamar reforzo de persoal e estabilidade profesional ante a "extrema gravidade da sanidade pública".

"Non só están enfermas as persoas, tamén a nosa sanidade pública e o seu prognóstico é moi grave", foi a mensaxe lanzada para as administracións e partidos políticos.

Como xa fixeron o pasado 10 de febreiro en distintos centros de saúde os profesionais de enfermaría e fisioterapia saíron ás portas dos seus respectivos hospitais, convocados polo Sindicato de Enfermaría, Satse, para denunciar o que consideran "o gran engano".

Aseguran que as administracións públicas e os distintos partidos políticos "alzaron mans para aplaudir" a sanidade pública "durante o máis duro da pandemia" e agora "téñenas escondidas nos petos cunha clara actitude de brazos caídos".

Recriminan que "non hai nin recursos, nin medios profesionais suficientes" nos preto de 350 hospitais públicos no total do territorio español e lamentan que "xera numerosos problemas e deficiencias" para ofrecer unha atención sanitaria "de calidade".

Así pois, en Ourense a secretaria provincial do sindicato, Asunción Mauis, manifestou que as administracións "menosprezan" o traballo destes colectivos.

Deste xeito referiuse a "a necesidade" de cobertura de ausencias e estabilidade dos profesionais, ademais reclamou tamén a adecuación de nivel profesional e o recoñecemento a unha xubilación anticipada "sen penalización económica".

"ATENCIÓN SEGURA"

Entre as demandas tamén unha dotación de persoal que proporcione "unha atención segura". "Como imos poder atender e coidar en óptimas condicións se somos un profesional para ata 25 ou 30 pacientes ingresados nun hospital?", pregúntase o sindicato. Neste sentido denunciaron que a situación repercute "gravemente" na saúde física, psicolóxica e emocional destes profesionais ao estar "nunha permanente situación de sobrecarga".

"Estamos exhaustos e moi afectados a todos os niveis despois de dous anos de loita contra a pandemia", din apostilando que "contemplan con decepción" que "os que aseguraron que ían cambiar e mellorar a situación volven dedicar o seu tempo a enfrontamentos partidistas".

Así as cousas, o SATSE continuará en toda Galicia e no conxunto do Estado coas súas accións reivindicativas e mobilizacións en defensa da sanidade e os seus profesionais. "Esiximos solucións e ninguén nos vai a parar ata conseguilas", conclúen desde a organización sindical.

Fisioterapia respiratoria
Fisioterapia respiratoria

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta