Por Europa Press / Redacción | Ourense | 25/02/2022 | Actualizada ás 19:04
Os traballadores da limpeza do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) manteñen a folga indefinida contra Ferrovial Servizos a partir deste luns, 28 de febreiro.
O comité de empresa convocou, por unanimidade, esta folga ante a negativa da compañía a cubrir as baixas de persoal e a negociar un novo convenio. Tras varias reunións, a última este mesmo venres, non se conseguiron avances, segundo os representantes dos traballadores.
Así mesmo, convocan manifestacións para os días 4, 8 e 10 de marzo, con percorrido nas inmediacións do CHUO. "Somos persoas, non robocops", denuncian os traballadores.
Censuran que a concesionaria "non cumpre cos coeficientes de persoal, faltando unha media de 15 traballadora por cada xornada de traballo". Ademais, o comité apunta que o Sergas lles trasladou, nunha recente reunión, que sancionaría a Ferrovial por falta de persoal de limpeza.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.