Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2022 | Actualizada ás 19:30
Un home resultou ferido de consideración despois de ser alcanzado por un vehículo en Sobrado, á a altura do punto quilométrico 15 da AC-231.
Segundo informou o 112 Galicia, foi un particular o que, ás 13,00 horas, contactou co servizo para informar o suceso. Solicitaba axuda médica urxente para un home atropelado, na estrada que une os concellos de Sobrado a Teixeiro.
Así, desde o 112 informouse os servizos sanitarios de urxencia que, debido á gravidade das lesións provocadas polo accidente, comunicaron a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Santiago ao lugar.
Co fin de prestar apoio ao equipo médico e restablecer as condicións de seguridade na vía, os xestores de emerxencias requiriron a intervención dos membros do GES de Curtis, dos axentes da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da estrada.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.